Os socialistas reprochan a falla de compromiso do PP co recurso contra a senteza do Prestige e conseguir que a maior catástrofe ambiental do continente non quede impune

Os socialistas reprochan a falla de compromiso do PP co recurso contra a senteza do Prestige e conseguir que a maior catástrofe ambiental do continente non quede impune

Os socialistas reprochan a falla de compromiso do PP co recurso contra a senteza do Prestige e conseguir que a maior catástrofe ambiental do continente non quede impune

José Ramón Val acusa aos populares de continuar na liña da “tibieza” ante a sentenza de Feijóo nos primeiros días de coñecerse.

Unha vez admitida a necesidade do recursos, buscaron evitar votar a proposición non de lei socialista presentando unha emenda de substitución para evitar a reclamación de danos por riba do convenio de responsabilidade civil

Val censurou se procesara a tres xubilados en lugar de sentar no banquillo aos verdadeiros culpables, Arias Cañete, Fernández de Mesa e Mariano Rajoy

O deputado socialista recriminou á Xunta que estean reducindo os orzamentos contra a contaminación

O portavoz de Pesca, José Ramón Val, defendeu hoxe no Pleno da Cámara autonómica unha proposición non de lei mediante a que se insta ao Goberno galego a que presente un recurso de casación, e aqueles outros que fosen procedentes, contra a sentenza do Prestige diante do Tribunal Supremo.

Val detallou que, cando menos, ese recurso debe procurar o resarcimento económico íntegro tanto da propia Xunta como dos e das particulares. Para iso o Goberno debe adherirse a algunha das partes acusadores a fin de superar as limitacións impostas polo Convenio Internacional sobre responsabilidade civil de danos debidos á contaminación por hidrocarburos.

A iniciativa socialista instaba tamén a buscar responsabilidades penais e civís, e o resarcimento dos 2.433,86 millóns de euros que segundo o informe pericial corresponden ao impacto en Galicia, ademais dos 1.275.458 euros pola reciclaxe dos elementos contaminados depositados por SOGARISA.

A mesma proposición non de lei esixía solicitar e conseguir das autoridades xudiciais a retención do diñeiro depositado pola entidade aseguradora no xulgado de Corcubión por importe de 22.777.986 euros. Finaliza a iniciativa propoñendo a inclusión nas reclamacións das contías que o Goberno autonómico tivo que afrontar para a celebración do proceso xudicial.

Na súa defensa da iniciativa, José Ramón Val recordou que a sentenza do pasado día 13 de novembro deixou insatisfeita á cidadanía galega, entre eles 30.000 traballadores e traballadores do mar. Un xuízo no que compareceron “tres xubilados de máis de sesenta anos” e que non sentou “verdadeiros culpables”, o daquela ministro de Pesca, Arias Cañete, o Delegado do Goberno, Fernández de Mesa e “o sr. dos hilillos”, Mariano Rajoy.

Os socialistas consideran necesario acoutar os termos do recurso unha vez que o Goberno recoñeceu a necesidade de recorrer esta sentenza, logo da tibieza inicial, onde algúns membros do PP interpretaban que a sentenza viña reflectir a “boa xestión” do Goberno popular que tomara todas as decisións.

Por esta razón José Ramón Val rexeitou a oferta do Grupo Popular, que presentou unha emenda de substitución na que se facía “un corta e pega da proposición” socialista, agás do primeiro punto desta, precisamente á relativa a solicitar o resarcimento económico íntegro, superando as limitacións do Convenio Internacional sobre responsabilidade civil por contaminación de hidrocarburos mediante a adhesión a unha das partes. O deputado socialista recriminou ao Grupo Popular que a única intención da súa emenda foi a de impedir o voto afirmativo á iniciativa socialista.

Reprochoulle que ano tras ano foron baixando o orzamento para a loita contra a contaminación, foron capaces de “regalar a unha empresa privada” os helicópteros que “vostedes mesmos compraron” e reducen ata case a desaparición os simulacros e os adestramentos coordinados cos medios do Estado. “Gobernan para outros intereses que non son os de todos os galegos”, afirmou Val.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar