Os socialistas reivindicarán no Parlamento "un protocolo de actuación" ante un posible caso de Ébola en Galicia

Os socialistas reivindicarán no Parlamento "un protocolo de actuación" ante un posible caso de Ébola en Galicia

Os socialistas reivindicarán no Parlamento "un protocolo de actuación" ante un posible caso de Ébola en Galicia

acuñaA portavoz de Sanidade dos socialistas galegos, Carme Acuña, asegurou hoxe en Santiago que o PSdeG pedirá no Parlamento “un protocolo de actuación serio e pormenorizado ante un posible caso de ébola” na comunidade autónoma.

“Non queremos caer no alarmismo, falamos de prudencia e precaución”, manifestou Acuña nunha rolda de prensa no Concello de Santiago, “pero un protocolo ten que haber, xa que parece que ao tándem Feijóo-Mosquera non lles interesa este tema, non hai nada que privatizar”.

A deputada socialista lembrou que o Ébola é “unha emerxencia internacional para a OMS, polo que non chega que a Xunta diga que o Meixoeiro de Vigo é o centro de referencia para os casos sospeitosos en Galicia; hai que informar ao conxunto da rede sanitaria, pero non o están facendo polo que me contan os profesionais”.

Acuña afirmou que “hai portos galegos que reciben barcos que veñen de Nixeria e doutros países próximos ao problema, os movementos migratorios de persoas e produtos son constantes e a Xunta ten que ter claro que facer e trasladalo a todo o persoal sanitario”.

“O risco de contaxio é pequeno pero hai que activar todas as medidas posibles para tranquilizar á cidadanía e a colectivos como o dos mariñeiros galegos”, engadiu Carme Acuña.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar