Os socialistas reivindican a figura de Castelao "non como un símbolo, senón como un feito do que se debe facer en Galicia"

Os socialistas reivindican a figura de Castelao "non como un símbolo, senón como un feito do que se debe facer en Galicia"

Os socialistas reivindican a figura de Castelao "non como un símbolo, senón como un feito do que se debe facer en Galicia"

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Rianxo a figura de Castelao, “pero non como un símbolo do que se queren apropiar algúns, senón como un feito do que se debe facer en Galicia”.
O líder dos socialistas galegos participou esta mañá no acto do Día de Galicia do PSdeG coa tradicional ofrenda floral ante o monumento a Castelao, no que estivo acompañado por Carlos Gey, primeiro tenente de alcalde do Concello de Rianxo.
“Galicia ten que recuperar a fortaleza económica que defendía Castelao, do que temos que lembrar o seu valor e legado intelectual”, manifestou Besteiro, que afirmou que os socialistas “temos a obriga de loitar contra a desmemoria, o que pasou no ano 36 non foi un capricho da historia, como di Feijóo, foi unha decisión que prexudicou a moitos e foi tomada por uns poucos”.
O secretario xeral do PSdeG apostou polo “galeguismo desde os valores do socialismo” e, no seu discurso, fixo unha lembranza “do que pasou hai un ano, hoxe quero enviar o noso máis sincero apoio aos familiares das vítimas do accidente do Alvia e deixar claro o compromiso do PSdeG na procura de verdade xudicial”. Tras a ofrenda floral, gardouse un minuto de silencio en memoria dos falecidos na traxedia de Santiago.
“Hoxe é o Día de Galicia, o día de reivindicar a nosa identidade cultural, o que nos trouxo ata aquí, pero sobre todo é o momento de reivindicar o noso futuro; a política da dereita fai dano a moitas persoas e temos a responsabilidade de loitar por unha sociedade máis xusta”, apuntou.
O máximo representante dos socialistas galegos garantiu “o traballo e a loita pola xente nova que está marchando de Galicia e que non cre que o futuro estea aquí, así como polas persoas maiores que merecen un benestar social, son retos do noso partido dos que falaremos tamén este fin de semana no congreso que imos celebrar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar