Os socialistas recurren a decisión do PP de impedir debatir en Pleno o nomeamento do Padroado da Obra Social

Os socialistas recurren a decisión do PP de impedir debatir en Pleno o nomeamento do Padroado da Obra Social

Os socialistas recurren a decisión do PP de impedir debatir en Pleno o nomeamento do Padroado da Obra Social

Méndez Romeu lamenta a “falta de seriedade” de Feijóo, que “incumpre todos os compromisos” que lle trasladou a Besteiro na entrevista entre ambos

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, presentou un recurso no Parlamento de Galicia para que o PP reconsidere a decisión de non permitir un debate en Pleno do nomeamento dos membros do Padroado da Fundación Galicia Obra Social, derivada do compromiso de manter a obra social das antigas caixas tras a venta a Abanca con miles de millóns de euros aportados de cartos públicos. O goberno da Xunta decidiu facer o nomeamento mañá na Mesa do Parlamento, “como se fose unha decisión administrativa e sen posibilidade de ningún debate político”, despois da “fraude” perpetrada polo PP “ao regalarlle a totalidade da obra social das extintas caixas galegas a unha entidade privada”.

A decisión tomada polo PP ten o agravante de que os grupos parlamentarios non a coñeceron ata o venres na Xunta de Portavoces, sen posibilidade de réplica. No seu recurso, Méndez Romeu incide na “relevancia da Fundación, herdeira das extintas caixas, cun patrimonio de preto de 300 millóns de euros” e que, lembra, “non é propiedade da entidade Abanca”, senón que debe selo de todos os galegos. Asimesmo, lembra que “o proceso de transformación da Fundación foi dirixido polos represententes da Consellería de Facenda”.

Feijóo incumpre “todos os seus compromisos”

“En ningún caso a designación pola Mesa cumpre o requisito de transparencia e participación a través do debate”, argumenta Méndez Romeu, que critica un proceso “absolutamente opaco” e unha forma de actuar “despótica” por parte de Feijóo.

O voceiro parlamentario socialista lamenta a “pouca seriedade” do presidente da Xunta, que o 15 de decembro lle entregou ao secretaruio xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, na entrevista entre ambos un documento sobre o que sería o futuro padroado e agora “incumpre todos os seus compromisos”.

Méndez Romeu explica que partindo deste documento sostivo varias conversas cos demáis portavoces e mesmo chegou a propoñer unha sesión extraordinaria da Comisión 3ª para o pasado 15 de xullo. “Nas diferentes conversas quedou claro que a designación do padroado se faría polo Pleno ou pola Comisión 3ª”, afirma o socialista. Ademais, incumprindo tamén o falado, o goberno galego decidiu unilateralmente deixar nas mans de Banesco a presidencia e nove membros da Fundación Social, o que na práctica significa “regalarlles a obra social”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar