Os socialistas recriminan ao PP a falta de vontade de consenso no trámite das emendas da Lei de caza

Os socialistas recriminan ao PP a falta de vontade de consenso no trámite das emendas da Lei de caza

Os socialistas recriminan ao PP a falta de vontade de consenso no trámite das emendas da Lei de caza

Pola intransixencia do PP estase a perder unha oportunidade para facer un texto lexislativo adaptado ás novas situacións do medio rural e da caza

O PP segue a ser refractario a incluír as emendas para incorporar as decisións das asembleas das comunidades de montes para recoñecer a cesión de dereitos sobre o monte, que en Galicia e maioritariamente comunitario

A lei confunde dereitos básicos, obvia a avaliación ambiental das explotacións cinexéticas comerciais, non precisa prazos para comunicar danos nin para informar ao goberno da xestión de terreos cinexéticos deportivos

Patricia Vilán reclamou a ampliación do límite de idade para cazar de 16 a 18 anos e advirte que o texto carece de medidas para incrementar a seguridade

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamou recriminou hoxe ao PP a súa “nula vontade de consenso no trámite en comisión das emendas á Lei de Caza”. Unha lei que os socialistas consideran “defectuosa”, por vulnerar o dereito de propiedade e cunha redacción “conscientemente confusa”.

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista laiouse de que de 65 emendas, o Grupo Popular só permitise a inclusión de cinco, relativas a coordinación xurídica e á corrección gramatical do texto remitido polo Goberno.

Vilán explicou que a norma vulnera a Lei de Igualdade na composición dos comités galego e provinciais de caza e pon en cuestión o dereito de propiedade protexido pola Constitución ao confundir a propiedade da finca coa titularidade do coto de caza. Tampouco quedan moi definidos, aínda que a redacción beneficia aos cazadores, os requisitos necesarios para a cesión definitiva aos TECORES dos dereitos cinexéticos, extremo que os socialistas pretendían evitar, impedindo a súa irreversibilidade a través dunha emenda para que tal cesión fora sempre por acordo entre as partes e por tempo limitado.

Patricia Vilán acusou ao goberno de ter presentado un texto “conscientemente confuso e pouco clarificador” que, ademais de confundir dereitos básicos, obvia a avaliación ambiental das explotacións cinexéticas comerciais, non precisa prazos para comunicar danos nin para informar ao goberno da xestión de terreos cinexéticos deportivos. Puntualizou que “as normas han de ser precisas, xa que cando non o son plantexan moitos problemas”.

A deputada socialista reclamou a ampliación do límite de idade para exercer a caza de 16 a 18 anos e considerou un “contrasentido” que a idade mínima para conducir sexa de 18 anos. Vilán, advertiu ademais que o texto carece de medidas dirixidas a incrementar a seguridade no exercicio desta actividade.

Ademais, o texto non resolve o problema da responsabilidade por danos, contén un réxime sancionador confuso e non garante a preservación do medio ambiente. A parlamentaria socialista engadiu que a norma “non potencia a participación social nin o consenso” e acusou ao goberno galego de ter falado unicamente coas organizacións de caza, excluíndo aos agricultores ou os propietarios dos montes veciñais.

A lei non serve como dinamizadora do medio rural nin contempla medidas efectivas para o seu desenvolvemento. Con este proxecto lexislativo, afirmou Vilán, “pérdese unha oportunidade de xuntar as posicións de todos os sectores implicados”. Galicia cambiou moito nestes 16 anos que transcorreron desde a redacción da anterior lei. Pasamos dunha caza de carácter social á práctica da caza maior, quedan sen resolver as posicións xurídicas de cada parte, propietarios, cazadores e outros usuarios do monte.

Tampouco resolve o réxime sancionador nin a compensación de danos pola fauna salvaxe. Algo ao que contribuíu de xeito definitivo a “intransixencia e a falta de interese en chegar a consensos por parte do Goberno e do Partido Popular”, insistiu Vilán.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar