Silvia Fraga recrimina a Mato a ausencia de políticas de emprego para a mocidade

Silvia Fraga recrimina a Mato a ausencia de políticas de emprego para a mocidade

Silvia Fraga recrimina a Mato a ausencia de políticas de emprego para a mocidade

A parlamentaria socialista, Silvia Fraga, criticou o Plan Estratéxico de Xuventude 2010-2013, presentado pola conselleira de Traballo e Benestar durante a súa comparecencia no pleno da Cámara galega. Para a portavoz de Xuventude do Grupo Socialista o plan “nace viciado, porque non se lle dou cabida á participación do tecido asociativo xuvenil e da xuventude galega en xeral na súa elaboración”. Recriminou á conselleira Mato non ter dado un prazo amplo para que as asociacións xuvenís tiveran feito as súas achegas, nin terllo notificado.

Para a deputada socialista o plan non é máis que un “recopilatorio de medidas deslabazadas” que non aportan nada novo e que van enfocadas fundamentalmente ao ocio e tempo libre, porque, a xuízo de Fraga Santos, as políticas de Xuventude para os populares consisten en “organizar campamentos e actividades de entretemento”.

Pero son outros moitos os problemas que asfixian á xuventude, dixo a deputada socialista á titular de Traballo e Benestar. Para Silvia Fraga a chegada hai tres anos de Beatriz Mato á consellería supuxo “o esquecemento absoluto” da mocidade, “a franxa de idade da poboación galega máis azoutada polo paro, pola dificultade para acceder á vivenda e que ve como cada día empeora a súa calidade de vida”.

Unha xuventude que “cada día ten menos oportunidades e afronta o seu futuro con desesperanza”. Unha mocidade que cando mira cara o Goberno de Núñez Feijóo, segundo a portavoz socialista Xuventude “ven que só se acordan deles para prexudicalos: suprimindo o noitebús, quitando dun plumazo os centros quérote, aprobando unha lei de alcol para mozos e mozas menores de idade que nin se preocupa da prevención nin da educación”.

Continuou a crítica da deputada socialista pola redución das partidas orzamentaria dedicadas á política de xuventude nun 22,4% desde que chegaron ao Goberno galego.

TRABALLO E EMIGRACIÓN

A parlamentaria socialista preguntouse que se pode esperar dunha conselleira que “pensa que a emigración da xuventude galega se debe a que a mocidade quere ver mundo, pasear, como dixo nesta mesma Cámara”. Para os socialistas, hai “outros problemas que preocupan á mocidade galega, especialmente poderse emancipar: ter vivenda, ter traballo, en resumen, sobrevivir”.

Fraga Santos debullou os datos relativos a estas preocupacións xuvenís. En materia de vivenda, a supresión da Renda Básica de Emancipación, que percibían 20.000 mozos e mozas. No emprego, aínda se espera un plan de emprego xuvenil comprometido para 2009.

Neste sentido, a deputada socialista recordou que cando se aprobou o Plan Estratéxico de Xuventude, no 2010, había 48.203 mozos e mozas en paro, en febreiro de 2012, 55.846. Un 16% máis de desemprego xuvenil desde a posta en marcha do Plan Estratéxico.

Este é o balance da xestión dos tres anos de goberno de Feijóo en materia de Xuventude: O PP “ o único que fai é castigar e endurecer cada día un pouco máis as condicións de vida da Xuventude.

A portavoz de Xuventude do Grupo Socialista aludiu á folga xeral prevista para o vindeiro xoves, 29 que “foi convocada tamén para defender á mocidade dos ataques das políticas do PP no eido do traballo”.

Xustifica Fraga Santos o apoio aos convocantes porque a Reforma Laboral de Rajoy supón “o recorte de dereitos dos traballadores máis grave de toda a historia da democracia”. Salientou, entre outras medidas que recolle a reforma que “se es mozo ou es moza, e remataches a prestación por desemprego, non resultas atractivo para unha empresa que percibirá incentivos por contratar persoas en desemprego, pero con prestación. A mocidade pode ser bolseira ata os 33 anos.

En definitiva, para Silvia Fraga a Reforma Laboral do PP contribúe dun xeito definitivo a un mal endémico da xuventude, a temporalidade a precariedade, cando xa agora o 95% dos contratos de traballo que se rexistran no IMEN son temporais.

Lembroulle a Mato que en decembro de 2011 falaban en sede parlamentaria de paro xuvenil, “desde entón volvemos a falar do tema, en febreiro, e eran 3525 máis os mozos e mozas que estaban desempregados en Galicia. Insistiu en que fai un mes expúxolle a necesidade de adoptar medidas fronte ao problema de desemprego da mocidade en Galicia, desde que rexeitaron esta proposta, hai 990 mozos e mozas máis no paro. Remarcou que o tempo corre en contra da mocidade galega.

O reproche da falta de políticas de emprego para a mocidade deberan”doer por partida dobre” á conselleira Mato, como responsable das políticas de emprego e da mocidade da Xunta. Por iso instou á titular deste departamento a “facer algo” para solucionar o problema do desemprego.

LEI DE XUVENTUDE

A parlamentaria socialista referiuse tamén á chegada ao Parlamento do proxecto de Lei de Xuventude, “unha lei moi esperada, que tardaron tres anos en traer a esta cámara, e que de non aceptar as emendas que lles trasladaremos se quedará nunha simple declaración de intencións. “Unha oportunidade perdida”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar