Os socialistas recriminan a Feijóo e a Conde os efectos dramáticos sobre a sociedade das crueles medidas restritivas dos gobernos do PP

Os socialistas recriminan a Feijóo e a Conde os efectos dramáticos sobre a sociedade das crueles medidas restritivas dos gobernos do PP

Os socialistas recriminan a Feijóo e a Conde os efectos dramáticos sobre a sociedade das crueles medidas restritivas dos gobernos do PP

Unha perda de 2200M€ en masa salarial e uns beneficios empresariais de 900M€, no actual contexto, son unha crueldade. Losada recorda que desde que goberna o PP caeu un 25% a ocupación e os niveis de investimento son os dos anos 80

Censura que o conselleiro Conde reivindique unha aposta pola fábrica virtual logo de catro anos baixando o orzamento en innovación

Esixe que alguén do Goberno “se poña colorado” e dea unha explicación sobre PEMEX aos traballadores do naval

losada rolda 002O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou ao conselleiro Conde e ao Presidente Feijóo de considerar “prescindible” a política industrial por un “convencemento ideolóxico”.

O deputado socialista, que defendeu unha moción sobre a política industrial da Xunta, recriminou ao Goberno galego que o consumo se teña situado a niveis de 2003 e que o investimento retrotraérase a cifras dos anos 80. Advertiu que “o financiamento está cortado e o capital non inverte en innovación porque obtén máis beneficios actuando sobre os salarios”. Esta é a estratexia de Alierta, presidente de Telefónica, da CEG “e do conselleiro Conde e de Feijóo, neste caso de xeito inconfesable”, acusou Losada.

Reprochou aos dirixentes populares os acordos e declaracións posteriores tras os consellos da Xunta, “se non fose porque é un drama, sería unha broma”, afirmou en referencia ó distanciamento entre a acción do Goberno e a “realidade social do país”.

Citou neste sentido o anuncio da Consellería de Industria de que se vai reinventar o modelo produtivo a través da “fábrica virtual”. Losada recordou que para facer efectiva esta estratexia, as fábricas virtuais, baseadas na produción de servizos altamente especializados ás empresas, faría falta “capital humano cualificado e un inxente investimento en innovación” que non se está a facer, a xuízo do socialista.

No mesmo marco das “mentiras” de Feijóo e o seu Goberno en materia de política industrial, Losada salientou as declaracións do Conselleiro Conde respecto a Pemex. Reprochou ao titular de Industria que agora anuncie que si PEMEX non asume o compromiso a Xunta ofrecería unha resposta contundente e daría explicacións. “Unha guerra contra o porfiriato mexicano” ironizou o portavoz socialista, que recriminou a Conde a falta de explicacións os dous últimos anos, “con independencia de si se constrúen os barcos ou non”.

Os desempregados do naval precisan que alguén “se poña colorado e lles diga que os enganou de maneira indecente” e xogou coas necesidades dos parados de longa duración por un beneficio electoral. Losada recordou que, en campaña, os populares anunciaban que os estaleiros estarían cortando chapa en xaneiro de 2013. Libre o calendario electoral nas vindeiras datas, o horizonte do conselleiro trasládase a outono de 2014.

En resposta á intervención do portavoz popular, Pedro Arias, anunciando o voto en contra da moción do PSdeG, Abel Losada instou ao Partido Popular a que “se en realidade están a facer política industrial, como di, mellor retírense”.

A continuación recriminoulle aos populares os “efectos sociais dramáticos” que a aposta pola vía de competir en salarios e dos recortes está a provocar na sociedade. Lembroulle tamén os datos, unha caída da ocupación do 25% desde que goberna o PP, a maior caída da historia recente de Galicia en termos porcentuais”. Os niveis de ocupación son os do ano 96, o Índice de Produción Industrial baixa máis que no conxunto de España.

Salientou a crueldade das políticas restritivas do PP sobre a parte máis feble da sociedade. Cando se perden 2200M€ da masa salarial e se gana 900M€ en beneficios empresariais, explicou Losada, “iso é crueldade, nun contexto económico como o actual”.

Desmontou tamén Losada o argumento empregado polos populares de que tras a caída dos tipos do Banco Central Europeo estaba a política do PP. A decisión de Draghi “é para reactivar a economía”, afirmou, dando satisfacción ao que a esquerda leva pedindo desde hai dous anos en Europa: reactivar a economía e incrementar a masa monetaria en circulación.

Rematou Losada pedindo aos populares “respecto intelectual para os deputados da Oposición e para vostedes mesmos” e instou a Arias a non defender o que sabe que non é certo, porque “hai un consenso xeneralizado sobre o papel fundamental da investigación básica do sector público para acadar unha masa crítica que permita trasladar os custes ao sector privado”, dixo en referencia ao escaso nivel de investimento en innovación e investigación dos Gobernos do PP.

“O programa nas políticas conservadoras foi sempre o mesmo, a distribución da riqueza en beneficio dos ricos e a do poder entre os máis poderosos” , sentenciou Abel Losada cunha cita do Nobel de Economía, Robert Solow.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar