Os socialistas reclamaranlle a Feijóo no próximo Pleno que asuma a súa responsabilidade sobre a ingobernabilidade do concello de Santiago

Os socialistas reclamaranlle a Feijóo no próximo Pleno que asuma a súa responsabilidade sobre a ingobernabilidade do concello de Santiago

Os socialistas reclamaranlle a Feijóo no próximo Pleno que asuma a súa responsabilidade sobre a ingobernabilidade do concello de Santiago

Méndez Romeu sinala que o presidente da Xunta impuxo aos dous alcaldes imputados do PP no concello

Censura que o PP “boicotee” a Comisión de Estudo sobre a corrupción alegando unha excesiva carga de traballo logo de negarse a habilitar xaneiro e de impoñer a redución do Parlamento

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, anunciou hoxe que o presidente da Xunta terá que responder na sesión de control do próximo Pleno das dificultades de gobernabilidade nas institucións galega. Logo da reunión da Xunta de Portavoces, puntualizou que Feijóo deberá responder da situación no concello de Santiago logo da imputación e dimisión de sete concelleiros do PP.

O responsable socialista lembrou que foi Feijóo quen impuxo aos dos alcaldes imputados do PP, así como a unha lista electoral repleta de casos de corrupción, que levaron á condena e posterior dimisión de sete concelleiros por prevaricación. Sinalou que “Feijóo ten un problema e ten que resolvelo porque el tomou as decisións que levaron ao concello a unha bochornosa situación sen precedentes”.

Sinalou que “tódalas solucións van ser malas” e lembrou que “hai que manter a legalidade e respectar a vontade dos cidadáns” mentres o actual alcalde atópase nunha situación “bastante preocupante” con distintos “sumarios abertos e condutas non explicadas”.

Méndez Romeu considerou “sorprendente” que, en lugar de tomar decisións para resolver a situación, o presidente da Xunta e do PP “prohibe, veta e bloquea calquera tipo de acordo, aínda que sexa mínimo, en contra da corrupción”. Aludiu así á paralización da Comisión de Estudo da Corrupción, pendente de aprobar o seu ditame dende hai 9 meses, vulnerando o Regulamento do Parlamento, que fixa o prazo en 2 meses.

Criticou que o PP se teña xustificado para manter conxelada este órgano, así como a Comisión de Investigación sobre a fusión da caixas, alegando unha excesiva carga de traballo parlamentario. O portavoz socialista aludiu ironicamente a que, malia dita sobrecarga, o PP impediu habilitar o traballo parlamentario para o pasado mes de xaneiro, tradicionalmente inhábil.

Engadiu ademais que o “agobio” do PP non se compadece coa decisión unilateral deste grupo maioritario de reducir o número de deputados do Parlamento, “co que será aínda mais difícil debater”.

Paro

O portavoz socialista sinalou que o PP volveu vetar a comparecencia do presidente da Xunta no próximo Pleno do Parlamento malia os datos “dramáticos” do desemprego en Galicia, cun 91 por cento de contratos temporais de acordo coa EPA e a taxa de paro de mozos e mozas por riba da de ocupados.

Os socialistas levarán ao próximo Pleno do Parlamento unha moción cunha serie de propostas para reactivar o mercado laboral, reclamándolle ao goberno galego novos plans de emprego, a reforma do servizo público de emprego e o impulso de políticas activas de emprego ou da formación continuada.

O Pleno da próxima semana incluirá ademais unha interpelación para que o conselleiro de Territorio dea conta da súa actuación con relación ao Plan Urbanístico da Estrada, que aprobou en contra de tódolos informes da súa Consellería, o que provocou a súa paralización polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Os socialistas galegos tamén levarán unha proposición non de Lei sobre a situación do mercado eléctrico e a “cerimonia da confusión” amparada polo goberno do PP para que “na conta final saian moi prexudicados os consumidores”.

A viaxe do presidente da Xunta a Xapón tamén será debatida no Pleno do Parlamento a través dunha pregunta oral presentada polos socialistas galegos, que critican que Feijóo “nunca dea conta destas viaxes turísticas”, como a recente visita a México e Panamá, caracterizadas polo escurantismo e o pouco contido útil para os galegos e as galegas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar