Os socialistas reclámanlle ao goberno galego que non lle conceda ningunha moratoria á planta de Elnosa para que abandone Lourizán antes de xaneiro

Os socialistas reclámanlle ao goberno galego que non lle conceda ningunha moratoria á planta de Elnosa para que abandone Lourizán antes de xaneiro

Os socialistas reclámanlle ao goberno galego que non lle conceda ningunha moratoria á planta de Elnosa para que abandone Lourizán antes de xaneiro

Patricia Vilán advirte que a empresa podería acollerse á nova Lei de Costas para ampliar a concesión 75 anos mais

Lembra que a empresa produce cloro utilizando mercurio, altamente contaminante, nunha zona de marisma e cun importante banco marisqueiro ao seu carón

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamoulle hoxe ao goberno galego que non lle conceda ningunha moratoria á planta de Elnosa na ría de Pontevedra para que teña que abandonar Lourizán antes do próximo mes de xaneiro. Vilán advertiu que a planta podería acollerse á nova Lei de Costas para ampliar a concesión 75 anos mais.

A deputada socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Medio Ambiente na que lembrou que a empresa utiliza mercurio, altamente contaminante, no seu sistema de produción de cloro, en lugar do moderno sistema “de membrana”. Ademais, advirte do risco do uso desta tecnoloxía na zona que ocupa a empresa, 12.587 metros cadrados nunha zona de marisma e a carón dun importante banco marisqueiro.

Vilán advirte que “non alcanzamos a entender” que o goberno galego teña afirmado que está “en estudo” autorizar unha moratoria á Autorización Ambiental Integrada “para que poida desmantelar a súa planta e poñer en marcha unha nova. A deputada socialista lembra que a empresa xa tivo concedida unha moratoria dende o ano 2011 e que precisamente é a que remataría o 7 de xaneiro.

A parlamentaria pontevedresa sinala que a empresa segue a utilizar mercurio, cunha tecnoloxía que supón grave risco para as persoas e o medio ambiente e que non cambiou dende que o goberno do PP lle renovou a autorización ambiental integrada.

Prórroga

Advertiu que a empresa ten presentado un recurso diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para eliminar o límite de xaneiro de 2014, xa que de acordo coa lexislación europea, no momento en que se asinen os documentos de Referencia sobre as Mellores Técnicas Dispoñibles para a produción de cloro e sosa cáustica, dependentes da UE, as empresas europeas terán catro anos para adaptarse, elevando o límite ata 2018.

Vilán do risco de que a empresa utilice esta nova moratoria para acollerse á nova Lei de Costas, tal e como quere facer Ence, para ampliar a súa estadía na ría de Pontevedra durante outros 75 anos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar