Os socialistas reclámanlle á Xunta unha "oposición rotunda" diante dun posible novo imposto do viño

Os socialistas reclámanlle á Xunta unha "oposición rotunda" diante dun posible novo imposto do viño

Os socialistas reclámanlle á Xunta unha "oposición rotunda" diante dun posible novo imposto do viño

Pablo García lamenta o “silencio cómplice” do goberno galego fronte a esta medida anunciada polo Ministerio de Facenda

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, reclamoulle hoxe á Xunta que “manifeste unha oposición rotunda” fronte a un posible novo imposto do viño anunciado polo Ministerio de Facenda. García presentou unha pregunta oral na Comisión de Agricultura do Parlamento diante do “silencio cómplice” amosado ata agora polo goberno galego fronte a esta medida.

O portavoz de Medio Rural pediulle hoxe á Consellería que explicite a súa opinión diante do informe da Comisión de Expertos para a Reforma do Sistema Tributario Español feito para o Ministerio de Facenda, que entre outras propostas recolle a posibilidade de impoñer “un imposto a tipo moi reducido para o viño”.

Recriminou que o resto das comunidades autónomas nas que o sector vitivinícola é importante “xa se manifestaron claramente en contra desta proposta, mentres aquí aínda non escoitamos ata o momento a opinión nin da conselleira nin de ningún responsable do goberno”.

Advertiu que esta proposta sería “letal” para todo o sector, “pero sobre todo para as pequenas Denominacións de Orixe, como é o caso das galegas” mentres “só beneficiaría a países claramente competidores dos viños galegos”.

Anunciou que os socialistas galegos presentarán unha iniciativa parlamentaria “para que todos os grupos parlamentarios poidan manifestar con claridade meridiana a súa oposición a esta medida”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar