Os socialistas reclámanlle á Xunta que “tome partido” para que as entidades financeiras devolvan as cláusulas suelo dende o inicio da hipoteca

Os socialistas reclámanlle á Xunta que “tome partido” para que as entidades financeiras devolvan as cláusulas suelo dende o inicio da hipoteca

Os socialistas reclámanlle á Xunta que “tome partido” para que as entidades financeiras devolvan as cláusulas suelo dende o inicio da hipoteca

Xosé Sánchez Bugallo lamenta que o Goberno galego se limite a “publicidade e propaganda” mentres os bancos devolven os importes sen efecto retroactivo no mellor dos casos

O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, reclamoulle hoxe á Xunta que “tome partido” para que as entidades financeiras devolvan as cláusulas suelo dende o comezo da hipoteca, e non dende a data de publicación da sentenza que as declara abusivas, o pasado 9 de maio. Así o dixo no debate dunha interpelación no Pleno do Parlamento de hoxe.

Sánchez Bugallo lamentou o desleixo do goberno galego e reclamoulle que axuden aos cidadáns “que agardan que os apoien e defendan e que estean ao seu lado” e “non só pola publicidade e propaganda”. Lamentou que a Xunta estea mais preocupada polo saneamento das entidades financeiras e a súa “cutrez” que das familias humildes que teñen que pagar unhas hipotecas con cláusulas abusivas.

Reclamoulle á Xunta que utilice o Instituto Galego de Consumo para “mediar, presionar e participar a favor dos cidadáns”. Lembrou que, de acordo coa sentenza, tres entidades financeiras, entre elas NGB, teñen que suprimir as ditas cláusulas, si ben “dinlle aos cidadáns que si queren cobrar con anterioridade ao 9 de maio vaian ao xulgado” mentres o xulgado Mercantil de Pontevedra vén de ordenar a devolución íntegra en dous casos.

Ao mesmo tempo, sinalou, algunhas das outras entidades financeiras “fanse os suecos” dinlle aos cidadáns que a sentenza non lles é directamente aplicable, e que si queren eliminar as cláusulas vaian ao xulgado. Advertiu que esta situación sucede nun país onde a xustiza é “famosa pola súa rapidez”, e logo da reforma do PP resulta “ademais moi cara”.

O responsable socialista sinalou que, logo da sentenza, as entidades deben deixar de cobrar estas cláusulas e deben ademais devolver integramente o cobrado irregularmente, xa que, de acordo co Código Civil, unha vez declarada a nulidade os contratantes deben restituír as cantidades cobradas indebidamente incluíndo intereses.

Desafiuzamento

Sánchez Bugallo comezou a súa intervención de hoxe aludindo ao novo desafiuzamento consumado hoxe na Coruña, da veciña Elizabeth Sanlés, e denunciou o “dobre raseiro, a dobre vara de medir aplicando aos mais débiles esixencia absoluta de cumprimento da Lei e por parte dos mais fortes a busca de trampas para eludir o seu cumprimento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar