Os socialistas reclámanlle á Xunta que sancione aos bancos que continúan impoñendo "cláusulas suelo"

Os socialistas reclámanlle á Xunta que sancione aos bancos que continúan impoñendo "cláusulas suelo"

Os socialistas reclámanlle á Xunta que sancione aos bancos que continúan impoñendo "cláusulas suelo"

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, presentou unha proposición non de Lei na que lle reclama á Xunta que sancione ao bancos que a día de hoxe seguen impoñendo cláusulas suelo nas hipotecas, malia ter sido prohibidas polo Tribunal Supremo.

Nesta iniciativa, que será debatida no Pleno desta semana, os socialistas reclámanlle ao goberno galego que habilite os mecanismos necesarios para sancionar estas prácticas a través do Instituto Galego de Consumo. Ademais, demanda que “se lle de a máxima cobertura aos consumidores poñendo todos os medios necesarios a dispor dos afectados” por estas prácticas abusivas.

González Santín advirte que o goberno galego, a diferenza doutros executivos autonómicos, “non ten feito absolutamente nada para defender aos consumidores” malia contar cos instrumentos precisos. Así, explicou que a Lei galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias recolle sancións de ata 600.000 euros no caso de infraccións moi graves.

Abuso

O deputado socialista presenta esta iniciativa logo de constatar que “moitas entidades bancarias se resisten a retirar as cláusulas suelo dos contratos hipotecarios”, co que “xogan un papel de abuso sobre os consumidores”. Estes vense abocados a recorrer aos servizos de atención ao cliente, ao departamento de Reclamacións do Banco de España e mesmo á vía xudicial.

Malia que as sentenzas xudiciais en todo o Estado obrigan ás entidades financeiras a retirar ditas cláusulas, estas persisten, obrigando aos usuarios a afrontar uns trámites “lentos e gravosos”, ata o punto de ter colapsado o servizo de reclamacións do Banco de España.

Este organismo viu cómo dun ano para outro as reclamacións aumentaban un 246 por cento, alcanzando un total de 35.185 en 2013, o 51 por cento delas, mais de 18.000, relativas á aplicación das cláusulas suelo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar