Os socialistas reclámanlle á Xunta que lle retire os concertos aos colexios que segregan por sexo

Os socialistas reclámanlle á Xunta que lle retire os concertos aos colexios que segregan por sexo

Os socialistas reclámanlle á Xunta que lle retire os concertos aos colexios que segregan por sexo

O portavoz de Educación do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, esixiulle hoxe á Xunta que “cumpra coa legalidade” e lle retire o concerto aos cinco centros educativos concertados que segregan por sexo en Galicia. Así o dixo logo de coñecer as sentenzas do Tribunal Supremo contra os concertos en centros de Andalucía e Cantabria.

 

O responsable socialista anunciou unha serie de iniciativas parlamentarias de control e de impulso para que a Xunta dea conta da súa política educativa e lle retire a subvención con base a diñeiro público a estes centros. Lembrou que a sentenza do Tribunal Supremo, malia que non se refire explicitamente a Galicia, cobre “idénticos supostos” aos que se dan en Galicia.

 

Lembroulle á Xunta que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avalando estes concertos tamén está recorrida diante do Tribunal Supremo, polo que recomendoulle á Consellería que “cumpra co antecedente que se ten ofrecido esta mesma semana”. Advertiu que resulta “preocupante que o noso conselleiro de Educación non vexa como discriminatoria a segregación no ensino”.

 

Convivencia

 

Dixo que a educación pública “debe ir de acordo coa normalidade da convivencia entre homes e mulleres, cunha sociedade integrada e agora tamén coa legalidade”, e recomendoulle ao conselleiro de Educación que “abandone os impulsos do seu partido de satisfacer aos sectores da dereita mais radical para antepoñer os intereses dos galegos e galegas”.

 

Advertiu que a Xunta e o Goberno central están a demostrar “unha nova regresión, un novo paso atrás” ao “recortar o dereito á educación” e “aplicar os criterios mais regresivos no que deberan ser os valores e principios da igualdade e o dereito dos nenos e negas a crecer e convivir xuntos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar