Reclámanlle á Xunta que impulse o pago atrasado das axudas aos mariñeiros galegos afectados polo acordo con Mauritania

Reclámanlle á Xunta que impulse o pago atrasado das axudas aos mariñeiros galegos afectados polo acordo con Mauritania

Reclámanlle á Xunta que impulse o pago atrasado das axudas aos mariñeiros galegos afectados polo acordo con Mauritania

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, presentou unha interpelación na que critica a “desidia” amosada pola Xunta para acadar un novo acordo pesqueiro con Mauritania. O responsable socialista lamenta que Feijóo “asiste impávido á desaparición da flota cefalopodeira galega sen que se teña escoitado unha soa voz crítica” e reclamoulle que impulse os pagos atrasados aos mariñeiros afectados polo paro.

O parlamentario socialista advirte que os mariñeiros afectados enfróntanse ao seu quinto mes sen cobrar as axudas prometidas polo Estado, e “estáselles a acabar a paciencia desde hai uns días saben que só percibiran estas axudas 23 dos 130 afectados”. Sinala que “hai barcos enteiros nos que ningún tripulante cobra nada, nin axudas nin paro desde agosto, e mantéñense co salario da última marea”.

Ademais, apunta que, logo de varias mobilizacións, os cefalopodeiros afectados coñeceron que o plan de axudas pactado tras a saída forzosa da flota galega do caladoiro mauritano, que “deixa fora a en torno a 20 mariñeiros afectados por circunstancias como a de non estaren enrolados o día da finalización do acordo, o pasado 31 de xullo”.

José Ramón Val criticou a conivencia do goberno galego coa UE e co goberno central “diante dun acordo pesqueiro que, en resumen, significa un dos maiores fracasos negociadores da historia dos acordos pesqueiros da UE, co desmantelamento de toda unha flota que non ten alternativa viable de pesca”.

O parlamentario socialista anunciou ademais unha pregunta oral na que insta á Xunta a que “abandone un lamentable desleixo que está prexudicando a moitas familias galegas” e se dirixa ao goberno central para acelerar o pago das axudas aos mariñeiros afectados polo paro de actividade en Mauritania, que levan sen percibir dende agosto e presumiblemente terán que agardar aínda ata xaneiro.

Ademais obriga a pagar moito mais por moita menos capacidade de pesca, multiplicar por tres ou por catro as licencias dos buques que se lles permite seguir faenando. Este acordo supón en realidade a redución do período do acordo de seis a dous anos, redución da área de pesca en mais dun 40 por cento ou o incremento ate o 60 por cento das tripulacións nativas, así como os desembarcos na propia Mauritania.

Sinala que mentres a UE constata a “eliminación total da presenza galega neste caladoiro”, o presidente da Xunta “reuníase en Brasil con Repsol porque A Coruña quedáballe lonxe, a conselleira do Mar viaxaba ao Grove a recibir a medalla da Virxe do Carme, e Arias Cañete non tivo ocasión nin motivo para defender diante da UE os intereses pesqueiros españois e en particular os galegos”.

En definitiva, a flota cefalopodeira galega, antes expulsada de Marrocos e exiliada a Mauritania, ve cómo a UE condena a desaparecer a 24 buques “xunco coas empresas armadoras e os preto de 360 traballadores directos mais outros milleiros indirectos”.

Medidas

Val pregunta por este motivo qué medidas ten pensado levar a cabo o goberno galego para buscar solucións laborais, empresariais, económicas e industriais aos 24 buques galegos expulsados do caladoiro. Tamén reclama unha valoración sobre “os recortes brutais que o goberno central ten feito en materia de cooperación pesqueira con países propietarios de caladoiros onde faena a flota galega”.

Tamén reclama que explique na Cámara autonómica qué accións ten levado a cabo para trasladarlle ao goberno central e á UE a importancia do acordo pesqueiro con Mauritania para a economía, o emprego e o tecido empresarial pesqueiro galego”. Finalmente, quere que a Xunta diga publicamente si considera que o goberno central ten feito toda a presión e capacidade negociadora posible para acadar un acordo pesqueiro mais beneficioso.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar