Reclámanlle á Xunta "que estenda e garanta unha arbitraxe transparente" para os estafados coas preferentes

Reclámanlle á Xunta "que estenda e garanta unha arbitraxe transparente" para os estafados coas preferentes

Reclámanlle á Xunta "que estenda e garanta unha arbitraxe transparente" para os estafados coas preferentes

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, ven de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias nas que lle reclama á Xunta “que estenda unha arbitraxe transparente” aos estafados polas participacións preferentes. Gallego reclamou “maior dotación de medios humanos e materiais” para os afectados pola estafa que opten polo sistema de arbitraxe.

A responsable socialista presentou esta Proposición non de Lei logo de manter un encontro cos membros integrantes das plataformas de afectados polas participacións preferentes en Galicia. Resaltou así as denuncias emitidas polos afectados a diario polo “trato discriminatorio na resolución dos casos” entre os que optaran pola vía da arbitraxe.

Advertiu que ademais conta con “insuficiente dotación de medios humanos e materiais para atender ás persoas afectadas” e sinalou que esta vía “resultou insuficiente, pouco transparente, lenta e arbitraria”.

Por este motivo, reclamou “facer públicos os criterios de inclusión e de exclusión na arbitraxe a fin de transparentar a súa concesión”. Tamén pide “dotar de mais medios humanos e materiais o sistema de arbitraxe establecido no Instituto Galego de Consumo co obxecto de axilizar os procedementos, incluír a meirande parte das persoas afectadas e rematar con este sistema antes de fin de 2012”.

Gallego salientou as denuncias transmitidas polas plataformas contra unha “ralentización dos procesos de arbitraxe” coincidindo co remate da pasada campaña electoral. Sinala que a día de hoxe nin no Instituto Galego de Consumo nin en Novagalicia Banco son quen de explicar qué criterios empregan para resolver estes casos”.

Impugnación

Gallego reclamoulle a Feijóo que impugne o decreto Lei de reestruturación do sistema financeiro que establece quitas para as persoas estafadas na fraude das participacións preferentes. Criticou que este Decreto Lei “establece quitas que levarán aos aforradores estafado a perder mais do 70 por cento do seu diñeiro”.

Advertiu que, mentres, o goberno “desentendeuse do problema e asinou un memorando para o rescate que non contempla ningunha solución a esta estafa”. Lamenta tamén que Feijóo, pola súa banda “só tomou a palabra para respaldar aos grandes inversores de NGB diante do FROB, pero esquece completamente aos pequenos aforradores estafados, que son os realmente vulnerables”.

Por este motivo, reclámalle á Xunta que preste “asesoramento xurídico a todas aquelas persoas estafadas que así o requiran para poder demandar xudicialmente ás entidades financeiras”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar