A Xunta debe admitir no comedor a tódolos alumnos de A Rabadeira que o solicitaron

A Xunta debe admitir no comedor a tódolos alumnos de A Rabadeira que o solicitaron

A Xunta debe admitir no comedor a tódolos alumnos de A Rabadeira que o solicitaron

O parlamentario socialista José Luis Méndez Romeu anunciou hoxe a presentación dunha batería de iniciativas parlamentarias, en canto os órganos do Parlamento estean en funcionamento, para que a Xunta admita no comedor do Colexio de A Rabadeira –Oleiros- a tódolos alumnos que o solicitaron e aos que lles foi negado.

O parlamentario coruñés presentará unha batería de iniciativas de control e de impulso da acción do goberno diante da admisión neste servizo ao fillo de dous altos cargos do goberno galego, a secretaria xeral da Consellería de Traballo e un directivo dos servizos xurídicos do Sergas. Esta decisión foi tomada polo goberno malia que a competencia correspóndelle ao centro e fronte a outros 30 alumnos aos que lles foi negado.

Méndez Romeu sinala que “non parece que os outros 30 excluídos gocen dese acceso privilexiado ás instancias decisorias da Administración, nin que esta tivese a dilixencia de ofrecerlles a mesma solución a tódolos afectados”. Por este motivo reclama que a Xunta “outorgue o dereito de todos os solicitantes do colexio de A Rabadeira e a restaurar o normal funcionamento do centro”.

O responsable socialista sinala que o colexio conta con 600 alumnos, dos que 325 fan uso do comedor, que conta con 350 prazas. O solicitante foi admitido logo de que a Consellería de Educación dera a razón a un recurso, o que supuxo a dimisión do equipo directivo e o consello escolar, mentres o concello amosábase en contra do procedemento do Goberno galego.

Méndez Romeu explica que o solicitando fora excluído por terse presentado fora de prazo, ao igual que outros 13 solicitantes tamén excluídos, mentres outros 18 foran excluídos polo baremo acadado, malia que o centro non ten esgotada a capacidade máxima do servizo. O parlamentario socialista presentará dúas proposicións non de Lei en Pleno e comisión, unha Interpelación e varias preguntas orais e escritas sobre esta situación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar