Os socialistas reclámanlle á Xunta medidas urxentes para reparar o incendio de O Barco

Os socialistas reclámanlle á Xunta medidas urxentes para reparar o incendio de O Barco

Os socialistas reclámanlle á Xunta medidas urxentes para reparar o incendio de O Barco

A portavoz de agricultura do Grupo Parlamentario Socialista, Sonia Verdes, esixiu ao goberno de Feijoo unha disposición normativa ou Decreto de medidas urxentes de axuda “co fin de reparar os danos e prexuízos do gran incendio que se declaraba o pasado 10 de agosto no Concello de O Barco de Valdeorras”. Sonia Verdes pídelle ao goberno galego que “restaure os valores naturais e reactive a actividade económica das zonas afectadas polo incendio”.

 

A deputada socialista explica que estas medidas “deben ter carácter subsidiario sendo complementarias e compatibles cos sistemas de aseguramento privados ata a cobertura total dos danos”. Verdes solicita que se reparen as infraestruturas, equipamentos e instalacións públicas, así como as explotacións agrícolas, gandeiras e forestais, nas producións afectadas e nos viñedos.

 

Ademais, os socialistas instan ao goberno galego a que inclúa axudas “para a reparación da morte do gando e para a restauración dos terreos queimados”. Tamén, a deputada socialista solicitou unha liña de axudas “para a recuperación e rexeneración ambiental e do potencial forestal danado polo incendio”, para, en colaboración cos propietarios e comunidades de montes afectados, “promover un aproveitamento multifuncional e sustentable do monte”.

 

A portavoz de agricultura do Grupo Parlamentario Socialista asegurou que “é necesario e urxente” un pacto polo monte para “promover e poñer en marcha un dispositivo permanente e profesionalizado que garanta emprego estable para manter un continxente de brigadas ao longo de todo o ano”. Os socialistas apostan pola “prevención, a vixilancia, a disuasión, a concienciación cidadá e a transparencia informativa que garanta protección e seguridade e a defensa fronte aos lumes do territorio”.

 

Sonia Verdes lamentou que en materia de incendios, “a nefasta xestión do goberno de Feijoo estanos a levar aos peores datos dende o ano 2006”. “No que vai de ano, segundo os datos aportados pola Conselleira de Medio Rural, en Galicia ardeu mais que nos anos 2007/08/09 e tódolos parámetros que son obxecto de control no Pladiga, disparáronse dende que Feijoo goberno a Xunta de Galicia”, explicou a deputada socialista.

 

Explica que os veciños do rural “seguen sen solucións por parte do goberno de Feijoo, que unha vez mais esquecese dos que vivimos no rural”. “É intolerable que un presidente se presente 50 horas despois de ser iniciado o lume para sacar peito dun dispositivo fragmentado e precarizado polas privatizacións fraudulentas que están denunciando os sindicatos e os recortes que acadan mais de 7 millóns de euros”, lamentou Verdes.

 

Os socialistas critican que “é impresentable que o goberno en pleno se banaglorie dunha campaña positiva, cando o lume este ano xa se ten cobrado vidas humanas e calcinou mais de 12.000 ha e cando as políticas de abandono e desmantelamento das medidas de prevención e de ordenación forestal que supoñen mais de 22 millóns de euros menos estannos a levar aos peores datos de incendios dos últimos 10 anos”.

 

Sonia Verdes explica que os socialistas galegos veñen alertando dende hai tempo “que é necesario un cambio de rumbo nas políticas de prevención e extinción de incendios e nas políticas para o monte de xestión e ordenación forestal, para evitar unha traxedia, como a que viviron os veciños de O Barco de Valdeorras”.

 

A dirixente socialista reclama ao goberno de Feijoo “un cambio de modelo que permita retomar un modelo de aproveitamento multifuncional e sustentable”.”Tamén que permita reforzar as medidas preventivas apostando polo monte como fonte de riqueza, que repercuta nas rendas de propietarios e titulares e recoñeza o labor de coidado e protección que realizan os gandeiros para a prevención fronte aos lumes”, asegurou Verdes.

 

Os socialistas recordan que o principal desencontro, para reverter o abandono do medio rural, tivo lugar durante a tramitación da Lei de Montes “que aproveitou o PP para derrogar a Lei de incendios, recortando as franxas de protección no contorno dos núcleos rurais e as distancias das plantacións ás vivendas”. Asegura que isto “promove un modelo forestalista que abandona boa parte do territorio que esixe un modelo multifuncional sendo a actividade agraria e gandeira a única actividade posible”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar