Os socialistas reclámanlle á Xunta medidas de seguridade viaria adicionais logo dos desperfectos provocados nas obras do ave Lubián - Ourense.

Os socialistas reclámanlle á Xunta medidas de seguridade viaria adicionais logo dos desperfectos provocados nas obras do ave Lubián - Ourense.

Os socialistas reclámanlle á Xunta medidas de seguridade viaria adicionais logo dos desperfectos provocados nas obras do ave Lubián – Ourense.

Raúl Fernández critica o desinterese da Xunta no control diario das vías, provocando que “o futuro das estradas sexa unha incerteza”

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, reclamoulle á Xunta medidas de seguridade viaria adicionais polos danos provocados polas obras da Alta Velocidade Lubián Ourense. Así o dixo no debate na Comisión de Obras Públicas dunha pregunta oral sobre o estado das estradas trala construción da liña ferroviaria.

Os socialistas instan ao goberno galego a que adopte medidas de seguridade viaria nas estradas da súa titularidade deterioradas como consecuencia das obras da liña de alta velocidade, devolvéndoas á súa situación orixinal, unha vez rematadas as obras. O deputado socialista afirmou que “non atopamos compromisos firmes nas actuacións presentes nin futuras para o amaño destas estradas, tan só arranxos puntuais”.

Explicou que a construción da liña de alta velocidade Lubián – Ourense esixiu o movemento de maquinaria e vehículos de gran tonelaxe. A súa orixe e destino son as obras que se están a facer para dar soporte á chegada da alta velocidade a Galicia nese tramo.

O continuo tráfico deste tipo de vehículos ocasiona pegadas na rede viaria co que “as estradas locais, autonómicas e nacionais que dan soporte a este tráfico amosan un evidente deterioro, facilmente recoñecible”. Actualmente, engadiu, as estradas autonómicas “aparecen parcheadas para tapar o deterioro do firme o cal da lugar a unha merma da seguridade viaria”.

O deputado afirmou que debido a que “as preguntas que lle temos formulado por escrito non se despexaron e dado que vemos que a situación non mudou, vémonos na obriga de plantexar esta pregunta no Parlamento”. Esta insistencia debese a que “trátase do patrimonio viario da Comunidade Autónoma de Galicia”.

Control dos desperfectos

O deputado denuncia que “non hai un control diario dos desperfectos, atópanse tramos que cada día aparecen con novos problemas, en malas condicións, a Consellería debería ter unha vixilancia permanente destas estradas”. O número delas afectadas por esta situación “cada día son máis, disinto absolutamente o considerar só tres as estradas perxudicadas, atópanse moitas absolutamente destrozadas e non recoñecen esta realidade”.

Fernández engadiu que “queremos saber qué administración está a asumir o custo das reparacións destas estradas e quén o fará unha vez se rematen as mesmas, se será Adif o responsable. Ademais, descoñecemos cal e o protocolo de actuación polo que se rexe o goberno galego para subsanar o deterioro destas estradas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar