Os socialistas reclámanlle a Feijóo que vaia a México “inmediatamente”, xunto co ministro de Industria, a solucionar os contratos de Pemex

Os socialistas reclámanlle a Feijóo que vaia a México “inmediatamente”, xunto co ministro de Industria, a solucionar os contratos de Pemex

Os socialistas reclámanlle a Feijóo que vaia a México “inmediatamente”, xunto co ministro de Industria, a solucionar os contratos de Pemex

Abel Losada reclama a comparecencia do presidente da Xunta para dar conta das súas “mentiras para xogar coa desesperación” dos traballadores do naval galego

Sinala que a Comisión Europea vén de desmentir a Feijóo ao negar que existan xestións do goberno central para construír o dique flotante en Ferrol

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamoulle hoxe a Feijóo que vaia a México “inmediatamente” xunto co ministro de Industria a resolver os contratos de Pemex cos estaleiros galegos. O responsable socialista presentou unha batería de iniciativas sobre este asunto, incluíndo a solicitude de comparecencia urxente do presidente da Xunta e do conselleiro de Industria.

Losada reclamoulle ao presidente da Xunta que tome exemplo da ministra de Fomento, que viaxou a Panamá para atender ao conflito de Sacyr coa obra de ampliación do Canal, e visite a sede de Pemex para dar cumprimento ao seu compromiso cos estaleiros galegos. Puntualizou que si as súas promesas son certas e os contratos dos floteis están pechados “debera obter un éxito ben fácil”.

O parlamentario socialista advertiu sen embargo que o presidente da Xunta tenta agora de eludir a súa responsabilidade con estes contratos, que en realidade corresponden a un concurso internacional que foi adiado xa en cinco ocasións. Acusou a Feijóo de utilizar “mentiras para tomarlle o pelo aos desempregados e crear falsas expectativas xogando coa desesperación dos traballadores do naval” para obter rédito electoral.

Amosou a súa “sorpresa” por que esta viaxe de Feijóo aínda non se teña producido “cando realmente ten un motivo” en contraposición da recente visita á illa de Cuba. Animou así ao presidente da Xunta a superar a súa “posición política debilitada en México” logo de venderlle NGB a Banesco en lugar de a Caixabank, á súa vez co-propietaria da entidade financeira Inbursa, xunto con Carlos Slim, millonario mexicano que promoveu os contactos entre Pemex e Feijóo.

Dique flotante

Abel Losada advertiu que a nova resposta da Comisión Europea ao europarlamentario socialista Antolín Sánchez Presedo constata as mentiras de Feijóo e do goberno do PP no seu compromiso para construír un dique flotante en Ferrol. Sinala que a Comisión vén de desmentir a versión “oficial” de Feijóo e do goberno do PP, que asegurou ter xestionado a infraestrutura en Bruxelas e anunciou iniciativas parlamentarias.

A Comisión, explicou, subliña que só houbo unha consulta informal, que non hai proxectada a concesión das axudas á infraestrutura e que o goberno galego non enviou a documentación complementaria solicitada. Losada advertiu que o PP quere utilizar co dique flotante a mesma estratexia que co tax lease, dilatando as súas xestións para desgastar a un comisario socialista da UE.

Sinalou que Feijóo está a mentirlle aos galegos e galegas co sector naval como mentiu ao negar que houbera barcos en construción á súa chegada á Xunta. Losada sinalou que, de acordo cos datos da Xerencia do Sector Naval de Galicia, entre xaneiro de 2009 e outubro de 2013 en Galicia pasouse de 407.895 a 68.300 CGT (arqueo bruto compensado).

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar