Os socialistas reclámanlle a Feijóo que “defenda os intereses de Galicia e paralice a poxa de NGB”

Os socialistas reclámanlle a Feijóo que “defenda os intereses de Galicia e paralice a poxa de NGB”

Os socialistas reclámanlle a Feijóo que “defenda os intereses de Galicia e paralice a poxa de NGB”

Méndez Romeu empregará a sesión de control ao presidente da Xunta da próxima semana para esixirlle o mantemento dos centros de decisión da entidade en Galicia

Os socialistas reclaman a comparecencia de Feijóo para dar conta das medidas de loita contra o desemprego e polo agochamento dos contratos do Sergas co narcotraficante amigo de Feijóo

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, esixiulle hoxe a Feijóo que “defenda os intereses de Galicia e paralice a poxa de NGB” que comeza mañá. Os socialistas utilizarán a sesión de control ao presidente do próximo Pleno para esixirlle o mantemento dos centros de decisión da entidade nesta Comunidade Autónoma.

O portavoz socialista criticou a actitude “silenciosa, resignada e de claudicación” do goberno galego diante do comezo do proceso de poxa pola entidade financeira. Lembrou que o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediulle a pasada semana ao presidente da Xunta “transparencia” sobre o proceso, xa que “non é admisible que eta operación se xestione así”.

Méndez Romeu criticou que o FROB acelere o proceso de venda de NGB sen agardar ao remate do prazo, en 2017, precisamente cando ofrece bos resultados económicos, mentres retrasa outras semellantes. Demandoulle ao goberno galego unha “posición clara sobre a continuidade da entidade en Galicia”.

Tomou as mesmas declaracións do propio presidente da Xunta cando dixo que a autonomía política debe ir en paralelo á financeira, para replicar que Feijóo “non é consecuente coas súas propias verbas e renuncia á autonomía financeira cando a xestión da entidade ofrece beneficios e permite optar a un futuro mellor”. Lamentou que a decisión de vender “pronto” constitúe unha “decisión absolutamente política”.

Comparecencia

Méndez Romeu anunciou que os socialistas pedirán a comparecencia de Feijóo para dar conta das medidas previstas para resolver o problema de desemprego en Galicia e diante dos “datos impresionantes sobre o estado da economía galega” e do incremento do paro. O responsable socialista lamentou que o PP se teña negado ata o momento a que Feijóo dea conta no Parlamento da súa actuación fronte ao principal problema de Galicia.

Ademais, os socialistas reclaman tamén a comparecencia do presidente da Xunta para que explique por qué o goberno galego négase a remitirlle ao Grupo Socialista a documentación relativas á contratación das empresas do narcotraficante amigo de Feijóo, Marcial Dorado, co Sergas, cando o actual presidente da Xunta era número dous da sanidade pública galega.

As dúas comparecencias serán presentadas polo Grupo Socialista na reunión da Xunta de Portavoces que terá lugar mañá martes co obxectivo de ser incluídas no Pleno do Parlamento que comeza a próxima semana.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar