Os socialistas reclámanlle a Feijóo que "cambie o equipo económico" da Xunta

Os socialistas reclámanlle a Feijóo que "cambie o equipo económico" da Xunta

Os socialistas reclámanlle a Feijóo que "cambie o equipo económico" da Xunta

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamoulle a Feijóo que “cambie o equipo económico” do seu próximo goberno logo de ter acadado un “balance absolutamente negativo” na pasada lexislatura. Así o dixo logo de lembrar que Feijóo prometeu crear emprego e crecemento económico mentres aplicaba o déficit cero co que “paralizou a economía galega”.

O responsable socialista reclamoulle a Feijóo que adopte as propostas presentadas polos socialistas galegos para coordinar unha política de axuste co apoio aos sectores económicos, combinando a austeridade coa blindaxe dos servizos públicos. Advertiu que “é posible incrementar a recadación fiscal pedindo mais a quen mais ten”, subindo así os impostos ás grandes fortunas.

Losada acusou ao presidente en funcións de provocar unha “sociedade mais pobre e mais fracturada socialmente” a base de recortes de dereitos sociais e do control obsesivo do déficit. Sinalou neste sentido a denuncia do Colexio de Farmacéuticos sobre os casos de pensionistas que deixan de adquirir os seus medicamentos por ter que pagalos.

Economía – ficción

Losada acusou a Feijóo de “vivir na economía – ficción” ao prometer desenvolvemento económico mentres conxelaba a economía e provocaba que o paro medrara en Galicia o dobre que no resto do Estado. Dixo que no pasado mes de outubro “tivemos un primeiro balance dos resultados da política económica de Feijóo” con 280 novos parados cada día e 220 afiliados á Seguridade Social menos.

Advertiu que o presidente en funcións da Xunta xa ten mudado o seu discurso antes mesmo da súa toma de posesión no novo goberno, co que demostra de novo “falla de compromiso coas súas promesas electorais”. Si hai catro anos incumpriu todos e cada un dos 14 puntos do seu compromiso con Galicia, “hoxe pasou de prometer o crecemento do emprego a augurar destrución do emprego durante a lo menos 2013 e 2014”.

Apuntou que o documento do goberno galego elaborado para xustificar o teito de gasto prevía a creación de emprego en 2013, o que o propio Feijóo ten desmentido, demostrando que esta medida está “desconectada da realidade” e dando así a razón aos argumentos dos socialistas galegos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar