Reclamación á Xunta para "mellorar o engranaxe entre a Lei de estradas e o seu Regulamento"

Reclamación á Xunta para "mellorar o engranaxe entre a Lei de estradas e o seu Regulamento"

Reclamación á Xunta para “mellorar o engranaxe entre a Lei de estradas e o seu Regulamento”

María Pierres denunciou que o Regulamento xeral de estradas de Galicia é contrario á Lei de estradas, invade as competencias municipais e limita a igualdade de oportunidades da poboación

A portavoz de Urbanismo do Grupo Socialista, Maria Pierres, criticou hoxe que o Regulamento de estradas da Xunta é contrario á Lei de Estradas e “dana, sen xustificacións, os intereses e igualdade de moitos galegos e galegas”. Pierres presentou no Pleno do Parlamento unha interpelación á conselleira de Infraestruturas na que advertiu que “invade as competencias municipais”.

 

A deputada apuntou a que “o Regulamento de desenvolvemento non está a ser concorde ca Lei aprobada e vén a supor unha modificación da propia Lei”. Tamén afirmou que “temos constancia en diferentes concellos de parcelacións non autorizadas polos titulares de estradas non municipais, ante a imposibilidade de acceder a estas parcelas por vías alternativas”.

 

María Pierres dixo que “é unha situación exemplo das disfuncións ou discordancias das leis”, achacándolle á Conselleira que “coa Lei de estradas se evidenciou que o seu regulamento pasouse, literalmente, de freada”. Afirmou que “estamos ante un problema silencioso e que moitos aínda non coñecen a medida que lles afecta, non podendo facer uso do aproveitamento das súas parcelas”.

 

Sinaloulle á conselleira que “o que lle expoñemos os socialistas é unha disfunción do Regulamento” e dixo que “regular está ben, pero sobrepasarse é o que provoca friccións difíciles de compaxinar”. Pediulle ao Goberno que respecte as competencias municipais e “non as bote por terra”, de xeito que o Regulamento de estradas sexa “congruente e respectuoso coa normativa legal”.

 

Parcelas lindeiras

 

Pierres explicou que “existe unha prohibición que afecta a parcelas lindeiras con estradas provinciais e autonómicas, sexa cal sexa a clasificación do solo no que se atopen”. Do mesmo xeito, dixo que “a Lei di que administración titular poderá limitar e ordenar os accesos ás estradas e os lugares en que tales accesos se poden construír”.

 

Sinalou que o Regulamento “vai máis aló, no artigo 137 di que as parcelacións e segregacións de parcelas lindeiras só se poderá autorizar cando o acceso rodado de todas as novas parcelas xeradas se resolva a través doutras vías distintas das estradas”.

 

A socialista denunciou que o devandito artigo 137 “aplica unha tábula rasa para toda Galicia, sen ter en conta o artigo 52 da Lei, que é aplicar criterios de intensidade, funcionalidade, seguridade ou funcionalidade da estrada, para restrinxir os accesos”, e que debería estar ligada ás particularidades de cada zona. Afirmou que “non se están a aplicar eses criterios que xustifiquen esta decisión” e “se consideran as mesmas condicións de estradas cando moitas non teñen nada de parecido”.

Sgonzalez

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar