Os socialistas reclaman "unidade" a favor do sistema financeiro galego logo do "desastre" de Feijóo

Os socialistas reclaman "unidade" a favor do sistema financeiro galego logo do "desastre" de Feijóo

Os socialistas reclaman "unidade" a favor do sistema financeiro galego logo do "desastre" de Feijóo

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, chamou hoxe á unidade para “traballar polo sistema financeiro galego” logo do “desastre” provocado por Feijóo con NCG. Dixo que “onte foi un día negro para Galicia  no que caeu a montaña de mentiras que o Goberno galego nos foi dicindo” e criticou que “dende que  Feijóo puxo as mans nas caixas galegas nin son caixas nin son galegas”.

Sinalou que “agora é cando de verdade facemos falta todos, e temos que traballar para conseguir que nestes dous anos se consiga equilibrar un sistema financeiro de Galicia” e “garantir que o diñeiro chegue aos pequenos empresarios, aos comerciantes e ás familias”.

Puntualizou que “o presidente da Xunta púxose de campión da fusión e levou ao sistema financeiro a unha situación moi grave”. Acusou a Feijóo de “contar mentiras” xa que coa valoración de NCG constatouse que o 93 por cento pertence ao Banco de España, que a entidade vale 180 millóns de euros e a caixa constitúe o 7 por cento, a metade do comprometido polo goberno galego.

O líder dos socialistas galegos engadiu que Feijóo é o “responsable principal” desta situación logo de liderar o proceso de fusión comprometendo a solvencia e galeguidade das caixas “e de dicir, hai unha semana, que acadariamos o 15 por cento de NCG”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar