Os socialistas reclaman unha Unidade Reumatolóxica Infantil de Referencia para toda Galicia

Os socialistas reclaman unha Unidade Reumatolóxica Infantil de Referencia para toda Galicia

Os socialistas reclaman unha Unidade Reumatolóxica Infantil de Referencia para toda Galicia

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamoulle á Xunta a creación inmediata dunha Unidade Reumatolóxica Infantil Multidisciplinar para toda Galicia. Acuña acompañou hoxe ao grupo de pais e nais afectados pola supresión dun pediatra especializado en reumatoloxía da área de Vigo que hoxe presentaron unha reclamación diante do Valedor do Pobo.

A responsable socialista amosou o apoio dos socialistas galegos á demanda presentada polos pais e nais e pola Liga Reumatolóxica Galega, logo de constatar a desaparición dun dos dous médicos especializados cos que contaba a subespecialidade de reumatoloxía infantil da Área de Vigo. Estes dous especialistas atendían a esta área e constituían un referente “para toda a provincia de Ourense e Pontevedra.

A redución á metade do equipo, dixo, supón que os usuarios e usuarias “atopan demoras e están tendo dificultades para obter unha cita con algún destes facultativos”, o que provoca gran preocupación entre as familias e reduce notablemente a calidade da atención.

A representante dos pais e nais afectados, Conchi Muíña, reclamou cobertura acaída durante todo o ano, por canto os rapaces e rapazas afectados “poden sufrir un brote en calquera momento” que precisa de atención inmediata. Solicitou o retorno a Vigo da doutora María Carballo, avalada pola Sociedade Española de Reumatoloxía, e que foi apartada da especialidade por unha suposta irregularidade sen explicar polo Sergas.

Liga Reumatolóxica

O portavoz da Liga Reumatolóxica Galega, Ramón Rodríguez, explicou a gravidade destas enfermidades, que afectan a varios centos de familias en toda Galicia, “son graves e moitas veces derivan a cronicidade”, afectan a órganos vitais e producen “limitacións físicas, orgánicas, sociais e emocionais graves, podendo derivar en discapacidade” requirindo unha atención “profesional e humana”.

Os tratamentos, terapias e diagnoses destas doenzas “requiren dunha especialización e formación do facultativo” que “pode supor un traballo de anos” co que xa contaba a doutora apartada polo Sergas. Explicou que a natureza desta enfermidade obriga a unha asistencia inmediata nos brotes e no uso de terapias biolóxicas ou inmunodepresores, co que “é totalmente insuficiente a consulta dun só facultativo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar