Os socialistas reclaman unha comisión de estudo para coñecer "a verdade sobre as listas de espera sanitaria" e consensuar as posibles solucións

Os socialistas reclaman unha comisión de estudo para coñecer "a verdade sobre as listas de espera sanitaria" e consensuar as posibles solucións

Os socialistas reclaman unha comisión de estudo para coñecer "a verdade sobre as listas de espera sanitaria" e consensuar as posibles solucións

Carmen Acuña denuncia “fraude” de Feijóo ao “atrapallar as listas de espera” ao facer un balance “triunfalista” malia o “claro empeoramento” dende a súa chegada ao goberno

Condena o falecemento dunha nova vítima de violencia machista e advirte do despunte de falecementos de mulleres en Galicia no ano 2014

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamou hoxe unha Comisión de Estudo que analice “a verdade sobre as listas de espera sanitaria” e consensuar as posibles solucións. Denunciou a “fraude” de Feijóo ao manipular os datos para “transmitir unha visión adulterada” da situación da sanidade pública para continuar co seu desmantelamento e privatización.

Acuña advertiu que o presidente da Xunta “atrapalla” os datos para xustificar un balance “triunfalista” a cosa da situación “dramática” dos doentes galegos, tal e como constatou tamén o Valedor, que no seu último informe reclamou mais transparencia na xestión destes datos.

A responsable socialista desacreditou a leve melloría nas esperas que presentou o presidente da Xunta, que cualificou de “incrible” na situación actual. Explicou que a mellora resulta imposible cando a mesma poboación é atendida por 1.500 traballadores da sanidade menos e contando con menos recursos materiais, con camas pechadas e máquinas inutilizadas por neglixencia logo da súa privatización.

Carmen Acuña advirte que tan só 24 horas despois do balance do presidente da Xunta, foi a Consellería a que tivo que matizar os datos “agochándose detrás da milonga das prioridades nas listas de espera”. Sinalou que o cambio na cuantificación é “un invento moi útil porque impide as comparacións” pero resulta “ilegal” ao vulnerar a norma estatal que esixe criterios homoxéneos de cuantificación.

Axendas pechadas

Explicou que ademais de cambiar os criterios de medición das esperas, o goberno galego está a recorrer ás “axendas pechadas” para non cuantificar a uns doentes que sitúan “nun limbo no que non contan”. Denunciou que o goberno négase a incluír aos doentes nas listas de espera de consulta, probas diagnósticas e agora tamén, e por primeira vez, en cirurxía.

Precisamente foron os datos das esperas na cirurxía os que Carmen Acuña empregou para evidenciar o empeoramento das listas, xa que neste trimestre hai 1.000 persoas mais que agardan entre 0 e 3 meses, precisamente os doentes mais graves. No caso das esperas de 6 a 12 meses a lista aumentou en 100 persoas e de mais de 12 meses incrementouse noutras 10.

Ademais, entre a chegada de Feijóo en 2009 e o ano 2014, as listas de espera de intervención cirúrxica aumentaron en 4.000 persoas, que ademais teñen que agardar mais tempo, xa que si en 2009 había 148 persoas agardando mais de 12 meses, hoxe hai 833. Finalmente, sinalou que as esperas para probas diagnósticas aumentaron dende os 71 días de 2009 aos 83 de 2014.

Violencia de xénero

A tamén portavoz de Igualdade do Grupo Socialista trasladou hoxe ademais a “enérxica condena” deste partido polo último caso de violencia machista, que provocou o falecemento da vítima na Coruña na madrugada do xoves. Acuña salientou que o agresor contaba xa con dúas denuncias previas sobreseídas, o que “confirma o exceso de sobreseimento nas denuncias sobre violencia machista en Galicia”.

Advertiu do despunte de violencia machista en Galicia, que supuxo o falecemento de 4 mulleres no que vai de ano segundo a Xunta -5 de acordo coas asociacións de defensa das vítimas-, fronte ás 3 que faleceron en todo 2013. Sinalou que a situación actual “demostra que o modelo do PP non axuda no camiño da igualdade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar