Os socialistas reclaman responsabilidades ao goberno de Feijóo logo de que Facenda obrigue ao Sergas a despezar a xestión integral do CHOU en tres concursos diferenciados

Os socialistas reclaman responsabilidades ao goberno de Feijóo logo de que Facenda obrigue ao Sergas a despezar a xestión integral do CHOU en tres concursos diferenciados

Os socialistas reclaman responsabilidades ao goberno de Feijóo logo de que Facenda obrigue ao Sergas a despezar a xestión integral do CHOU en tres concursos diferenciados

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, salienta que o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais paralizou o proceso de concesión da xestión integral de espazos porque “algo lles cheiraba mal” na contratación

Os socialistas denunciaran que o concurso da xestión de servizos fora agrupado de tal xeito que quedaban excluídas as empresas galegas e recriminan a Feijóo que teña que vir Montoro a defender o tecido empresarial galego

Advirte que os atrasos poñen en risco os fondos europeos para o Plan Innova Saúde e Hospital 2050

Acuña pon de manifesto a preocupación polo sistema público de saúde galego e porque non se teñan producido nin ceses nin dimisións, a pesares de que a conselleira xa non poda visitar os centros de saúde por temor ás queixas de profesionais e usuarios

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista ven de salientar que o Goberno do Estado “ven de contradicir a Feijóo e de dar a razón ás denuncias socialistas ao paralizar a adxudicación integral de espazos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e obrigar ao SERGAS ao despece da mesma en tres novos concursos”. “Está claro que algo lles cheiraba mal”, como advertira o PSdeG-PSOE.

Acuña do Campo explicou que o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, dependente do Ministerio de Facenda, ordenou ao SERGAS a paralizar o proceso de concesión da xestión integral de espazos para o CHOU e a desmembrar esta licitación en tres concursos diferenciados para a limpeza, a seguridade e o mantemento.

A deputada socialista recordou que o seu grupo tiña “posto a lupa” sobre esta contratación que sumaba a privatización, por 15 anos e 225 millóns de euros, dos servizos de limpeza, seguridade, mantemento e consumo enerxético nunha mesma empresa que, ao mesmo tempo asumía o pago de 14 millóns de euros para a construción do Plan Director. “O interese reside en que esta modalidade, que agrupa todos os servizos nunha soa licitación, deixaba fora ás empresas galegas, incapaces de asumir unha oferta tan completa”, explicou Acuña.

“En Ourense todos sospeitábamos que Ferrovial sería a adxudicataria”, afirmou Acuña. Unha empresa na que traballa o xerente de CESPA, empresa do Grupo, que fora recentemente imputado na instrución da Operación Patos e que fora xerente do CHOU na época de Fraga e impulsor do Plan Director.

Un plan director que, por outra banda, resulta imprescindible realizar para poder acometer, a continuación, a modernización tecnolóxica do Plan Innova Saúde e Hospital 2050, que estaba previsto cubrir con fondos europeos. Acuña advirte que o prazo deses fondos xa venceu en 2013 e só cabe acollerse a unha prórroga de dous anos, ata 2015, vinculada ao remate das obras “cuxos constantes atrasos pon en cuestión”, advertiu a portavoz de Sanidade do Grupo Socialista.

O Plan Director leva aprobado desde abril de 2009. Coa chegada de Feijóo a Montepío paralizouse. “Logo viñeron os anuncios en Expourense, os fondos europeos para o Hospital 2050 e finalmente as privatizacións, que lles quedaron desertas”, explicou. Tampouco funcionou o procedemento negociado, polo que se optou por “dulcificar con prazos da entrega dos 14 millóns que se requirían para o Plan Director, e apareceu Ferrovial”. Logo de todo isto, “non dimite, nin cesa ninguén”, reclama Acuña.

Pregúntase Acuña cómo vai conseguir a empresa adxudicataria os 14 millóns de euros, “se non é a través do encarecemento dos servizos”. A deputada socialista pregúntase cómo pode saír máis barato o servizo de mantemento ou o subministro privatizado, porque a empresa terá que gañar algo e recuperar os 14 millóns con intereses. “Estamos acostumados á creatividade do PP para os contratos, como se viu na Gürtell”, apuntou.

A parlamentaria ourensá manifestou a fonda preocupación dos socialistas pola situación da Sanidade Pública, na que se chegou ao punto de que “a nin dimitida nin cesada conselleira pode visitar os centros sanitarios, inmobles onde os profesionais e usuarios lle trasladan o seu enfado”.

A deputada esixiu a Feijóo “honradez, transparencia e sentido común e que deixe de lado inventos estraños que só serven para o saqueo da sanidade pública”. Recriminoulle ao presidente da Xunta “que teña que ser o ministro de Facenda o que veña defender o tecido empresarial galego”. Sorprende aos socialistas que “mesmo Montoro amose máis sentido común que Feijóo e lle paralice e obrigue a cambiar o sistema de contratación”, que previamente xa puxeran en cuestión profesionais, usuarios e o propio Partido Socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar