O PSdeG reclama que o Parlamento debata en xaneiro sobre o paro, a venda de NGB ou o incremento da tarifa eléctrica

O PSdeG reclama que o Parlamento debata en xaneiro sobre o paro, a venda de NGB ou o incremento da tarifa eléctrica

O PSdeG reclama que o Parlamento debata en xaneiro sobre o paro, a venda de NGB ou o incremento da tarifa eléctrica

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, salientou a decepción que ten provocado no seu grupo diante da “pasividade” do Presidente da Xunta na reunión do Comité Executivo do Partido Popular, desenvolvido onte en Madrid.

Denunciou a actitude “pasiva” de Feijóo diante da reforma da lei de interrupción do embarazo. Reprochou ao presidente galego que mentres outros dirixentes do seu partido amosaron unha posición firme e mesmo críticas, “Feijóo fala dun etéreo consenso sen maior compromiso”. Lembrou o portavoz socialista que historicamente o PP sempre se amosou en contra á normativa sobre a interrupción voluntaria do embarazo, “nunca gozou do consenso do principal grupo da dereita española”.

Recriminou ao titular do Executivo galego que perdera a oportunidade de manifestarse contra os copagos novos na Sanidade, “unha iniciativa que si están levando adiante outras comunidades gobernadas polo PP e que, sen embargo, en Galicia vai ser aplicada de inmediato”, como consecuencia da denunciada “actitude pasiva” do Presidente da Xunta.

Demandou Méndez Romeu coñecer algunha posición de Núñez Feijóo respecto da aplicación da recentemente aprobada lei de reforma da Administración local, sobre todo no relativo aos cambios substanciais que se van producir na xestión dos servizos sociais.

Para o portavoz socialista, “temos un presidente silencioso en Madrid, obsequioso cos seus, sempre disposto a ratificar as decisións do Goberno do Estado e parlanchín cos medios de comunicación”, censura Méndez que ao contrario, Feijóo se amose “fuxitivo do Parlamento, onde unha e outra vez rexeita comparecer e debater a posición do Goberno respecto dos asuntos que preocupan aos cidadáns e sempre disposto a falar en calquera escenario onde non exista posibilidade de réplica”.

Acusou Méndez ao dirixente popular de ser “inconsecuente”, en tanto que onte acusaba ao Presidente catalán, Artur Mas, de inventarse os problemas e a Xunta de Galicia está impoñendo “unha reforma unilateral do Parlamento que ningún sector da sociedade ten demandado”. Neste sentido anunciou que o Grupo Socialista iniciará a semana entrante unha rolda de contactos cos outros grupos parlamentarios da oposición para “poñer en común as ideas que temos en torno a esta reforma tan unilateral, que esquece o que sería importante, a mellora do funcionamento das institución e se centra exclusivamente na redución das posibilidades de representación dos cidadáns”. A partires de aí, “haberá tempo a presentar a proposta concreta deste grupo”, explicou.

Lembrou José Luis Méndez que no ano 2007, cando se intentou a reforma do Estatuto, Feijóo “enfatizaba con que a reforma da lei electoral fora obxecto de consenso, e pedía mesmo un consenso con maiorías reforzadas, ben lonxe estamos de 2007 e non só no calendario”, reprochou o portavoz socialista ao xefe do Executivo galego.

O voceiro do Grupo Socialista anunciou a petición de que se reúna a Deputación Permanente e convoque un Pleno extraordinario neste mes de xaneiro para debater seis asuntos “concretos e de máxima actualidade”.

O PSdeG considera que o Pleno daría a oportunidade ao Presidente galego de explicar a venda de Novagalicia Banco a un banco estranxeiro, “algo que nin Feijóo, nin o FROB nin Guindos tiveron a ben explicar, a pesar de que é unha venda na que se perden 8.000 millóns de euros de recursos públicos”. Piden tamén que o Presidente explique a posición da Xunta respecto á modificación da lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción do embarazo. Esixen que o Goberno explique cómo vai afectar aos concellos a reforma da Administración local e a postura do Executivo respecto do incremento das tarifas eléctricas.

Ademais o Grupo Socialista quere someter a debate e votación dúas iniciativas, unha para a licitación e adxudicación dos equipamentos necesarios para dotar ao Hospital de Lugo dos servizos de radioterapia, hemodinámica e medicina nuclear. A segunda reclama medidas do Goberno en materia de Políticas de Emprego, o que reflicte a enquisa do CIS como “o principal problema para o conxunto dos cidadáns e, desde logo, para as 270.000 persoas que están en paro”.

Distinguiu Méndez Romeu esta proposta de Orde do Día, “os problemas reais” que afectan aos cidadáns fronte “os problemas artificiais e inventados” por Feijóo, “cortinas de fume arredor de problemas absolutamente inventados”. Agarda o portavoz que se produza a convocatoria inmediata do pleno e se recupere a normalidade do funcionamento do Parlamento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar