Os socialistas reclaman o traslado de Ence fora da ría de Pontevedra

Os socialistas reclaman o traslado de Ence fora da ría de Pontevedra

Patricia Vilán reclama unha nova localización respectuosa co medio ambiente e o impulso a novos proxectos empresariais que permitan pechar o ciclo do papel en Galicia.

A publicación do regulamento de desenvolvemento da Lei o pasado día 11 desminte o suposto compromiso da Xunta co traslado da pasteira.

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para esixirlle á Xunta que cumpra co acordo aprobado por unanimidade no Parlamento na pasada lexislatura e atopar unha nova situación para a factoría de Ence fóra da ría de Pontevedra.

A responsable socialista lembra os graves prexuízos que a planta está a provocar na ría dende a súa apertura nos anos sesenta e alerta de que a Lei de Protección do Litoral aprobada polo PP en maio de 2013 permite ampliar a prórroga outros 75 anos.

Vilán reclámalle ao goberno galego que demostre o seu respecto polos acordos asinados no Parlamento e apoiados polo seu propio grupo parlamentario, así como pola boa saúde medioambiental das rías galegas. Por isto, reclama que a Xunta impida calquera tipo de instalación complementaria vinculada ao complexo “co obxectivo de impedir a súa consolidación”.

Ademais, considera imprescindible que o goberno galego modifique a consideración da área ocupada pola pasteira no Plan de Ordenación do Litoral, integrando o complexo na área de protección costeira que lle corresponde. Finalmente, demanda que a Xunta incentive novos proxectos empresariais que permitan pechar o ciclo produtivo do papel en Galicia.

A deputada socialista advirte que a recente publicación do regulamento de desenvolvemento da Lei de Costas, o pasado día 11, desminte todo o que dixo o goberno galego. Evidencia así que o goberno galego enganou aos galegos e ás galegas ao asegurar que a solicitude de prórroga non se tiña por feita pola necesidade de que se desenvolvera o dito regulamento.

Patricia Vilán acusou á Xunta de buscar “escusas” para permitir a continuidade da pasteira na ría de Pontevedra durante outros 75 anos, e por iso ten garantido que o goberno central poida obrigar a manter a explotación a través da Lei de Protección do Litoral.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar