Reclaman o debate da Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da sanidade pública no primeiro Pleno

Reclaman o debate da Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da sanidade pública no primeiro Pleno

Reclaman o debate da Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da sanidade pública no primeiro Pleno

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, comprometeuse hoxe a solicitar o debate no primeiro Pleno da lexislatura da Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa e promoción da sanidade pública. Así o dixo nun encontro de traballo coa Plataforma SOS Sanidade Pública xunto co portavoz do grupo socialista, Abel Losada, e membros dos grupos de AGE e BNG.

 

Acuña anunciou que os socialistas galegos reclamarán o debate desta iniciativa presentada pola Plataforma na pasada lexislatura logo da súa paralización por parte do PP para non debatela antes das eleccións autonómicas.

 

Os socialistas galegos ratificaron hoxe a súa defensa da blindaxe da sanidade pública no próximo debate de orzamentos diante dos intentos de privatización por parte do PPev  rexeitaron a xestión da sanidade por parte do goberno de Feijóo.

 

Acusaron ao PP de “recortar dereitos e implantar unha sanidade de beneficencia” na que “o exemplo paradigmático é o Hospital de Vigo, privado e parado”, ou a paralización da posta en marcha dos centros de saúde, xa que “Feijóo non fixo un só centro novo”.

 

A responsable socialista tamén rexeitou a Lei de Garantías dos tempos máximos de espera, que na súa opinión supón unha “privatización descarada por Lei” da sanidade pública. Advertiu que esta norma establece a derivación dos pacientes á sanidade concertada en función das esperas “cando descoñecemos os datos reais das esperas sanitarias” pola opacidade da Xunta.

 

Acuña chamou a instaurar unha “correa de transmisión bidireccional” coa Plataforma, para que o Grupo Parlamentario se faga eco das súas demandas na Cámara autonómica “e que eles sirvan de vía de conexión coa sociedade do que facemos no Parlamento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar