Os socialistas reclaman o comezo das obras de acceso ao porto de Burela para eliminar o tráfico pesado do casco urbano

Os socialistas reclaman o comezo das obras de acceso ao porto de Burela para eliminar o tráfico pesado do casco urbano

Os socialistas reclaman o comezo das obras de acceso ao porto de Burela para eliminar o tráfico pesado do casco urbano

José Ramón Val esixiu maior compromiso coa licitación das obras, iniciadas polo Goberno de Touriño en 2007, e que con Feijóo levan cinco anos paralizadas

Para o deputado socialista aínda que haxa coincidencia na vontade política non parece que sexa no mesmo grado e reclama á Xunta concreción sobre a licitación das obras, porque os veciños de Burela ven que non hai nada feito

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, esixiu ao Goberno galego, “maior compromiso e concreción respecto da licitación das obras de acceso ao Porto de Burela”.

O parlamentario socialista recordou que esta obras iniciáronse en 2007 co Goberno de Touriño e logo se paralizaron por un proceso xudicial. Coa chegada de Feijóo á Presidencia da Xunta, as actuacións quedaron practicamente paralizadas. “Nestes cinco anos non se fixo nada”, engadiu o deputado do PSdeG. Este ano aparecen 860.000 euros nos orzamentos, unha cantidade “reducida para a envergadura da obra”, segundo Val, pero dos que “van alá catro meses a aínda non se sabe nada”.

O parlamentario socialista censurou ao Executivo de Feijóo que, a pesares da coincidencia na necesidade de eliminar o paso do tráfico pesado do casco urbano de Burela, “botamos en falta que non se teña actuado con algo máis de celeridade, cinco anos é tempo máis que suficiente”, recriminoulle ao Director Xeral de Portos José Ramón Val, na comisión de Pesca do Parlamento de Galicia onde defendeu unha pregunta sobre este asunto. Mesmo reprochou ao Goberno que o propio alcalde de Burela esixira maior celeridade no comezo destas obras de acceso a un dos portos con maior volume, dentro dos de interese xeral na Comunidade.

Para Val Alonso esixiu maior concreción a José Juan Durán, sobre a data de licitación das obras. “Logo de cinco anos o goberno do PP evita e non quere falar de prazos de execución para esta obra, algo que é o mínimo que debe de poñer encima da mesa”, afirmou Val. Reprochoulle a Durán que “aínda que hai vontade política para facer estes accesos, que todos compartimos, esta non é a mesma, é máis para uns que para outros” partidos. Van cinco anos de vontade popular, insistiu, e “os veciños da Mariña ven que non hai nada feito”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar