Os socialistas reclaman no Parlamento destinar a Galicia 1.500 millóns de euros do rescate á banca para crear emprego

Os socialistas reclaman no Parlamento destinar a Galicia 1.500 millóns de euros do rescate á banca para crear emprego

Os socialistas reclaman no Parlamento destinar a Galicia 1.500 millóns de euros do rescate á banca para crear emprego

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, replicoulle ao plan presentado polo PP para reducir o número de deputados reclamando que Galicia suma 1.500 millóns de euros do rescate da UE para impulsar a economía e “reducir o número de parados”. Losada aproveitará a comparecencia da conselleira de Facenda mañá no Parlamento para presentar esta proposta e solicitar o relaxamento do obxectivo de déficit para Galicia.

Losada dixo que os fondos destinados ao rescate bancario deben e poden ser utilizados para impulsar o emprego como medio para reducir a morosidade da banca, e explicou que a Galicia corresponderíanlle mais de 1.500 dos 30.000 millóns concedidos por Bruxelas. Reclamou “vontade política” para aplicar estas medidas, mentres acusou ao PP de utilizar o rescate á banca “como coartada para desmantelar o Estado do Benestar”.

O responsable socialista anunciou unha serie de encontros cos sindicatos galegos, a partir da próxima semana, para consensuar o traslado a Galicia dos plans para crear emprego e atallar a pobreza e a exclusión social presentado polos socialistas a nivel nacional. Propuxo así unha “vía alternativa aos axustes aplicados pola dereita caia quen caia que non levan a ningunha parte”.

O portavoz socialista explicou que os socialistas reclamaranlle á conselleira de Facenda que pare co axuste brutal que ven aplicando Feijóo dende a súa chegada á Xunta co obxectivo de abrir as portas á privatización dos servizos públicos e recentralizar a favor de Deputacións e Estado.

Lembrou que a desaparición de 28.000 empregados públicos só no último ano supuxo para Galicia unha “perda de calidade de vida moi importante” ao afectar a médicos, docentes ou asistentes sociais. Dixo que a aplicación radical da doutrina do déficit cero revela que “ou Feijóo é moi ignorante en materia económica ou antepón unha ortodoxia ultraliberal que xa non representa a ninguén”.

Esixiulle así que aproveite a relaxación do límite de déficit que o Estado ven de aprobar para as comunidades autónomas para conseguir fondos adicionais para Galicia e blindar os servizos públicos. Lamentou que o presidente da Xunta siga o camiño contrario reducindo déficit e recorrendo a un “endebedamento inútil” mentres aplica o “discurso falaz” de cobrar taxas a quen mais ten.

Losada explicou que esta estratexia leva a consolidar unha educación e sanidade de primeiro e segundo nivel en función da renda, mentres Galicia é actualmente a cuarta Comunidade Autónoma na que mais caen os ingresos fiscais.

Redución deputados

O responsable socialista dixo hoxe que a proposta do PP de reducir o número de deputados constitúe unha “cortina de fume” para agochar os sobres de Bárcenas e as imaxes “indecentes, inmorais e impropias” do presidente da Xunta co seu amigo narcotraficante. Ao mesmo tempo, advertiu, evidencia os “tics autoritarios” dunha dereita á que “lle molesta” o papel de control e impulso do Parlamento.

Advertiu que os socialistas galegos “non estaremos nin no fume nin no autoritarismo” que supón esta medida que agocha unha caída da representatividade. Abel Losada criticou que o obxectivo de Feijóo é o de “menoscabar o ámbito lexislativo e a representación popular para que o executivo poida ter mans libres”.

Desmentiu o suposto argumento do aforro que presenta o PP xa que, sinalou, teñen rexeitado a proposta socialista de aforrar o mesmo nos salarios dos deputados e, por outra parte, o Parlamento ten devolto á Xunta 5,7 millóns de euros que non gastou no ano pasado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar