Os socialistas reclaman mais inspeccións fiscais en Galicia e a publicación dos grandes defraudadores

Os socialistas reclaman mais inspeccións fiscais en Galicia e a publicación dos grandes defraudadores

Os socialistas reclaman mais inspeccións fiscais en Galicia e a publicación dos grandes defraudadores

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, vén de presentar unha moción no Parlamento para reprobar a amnistía fiscal levada a cabo no ano 2012 polo Goberno do Estado. A proposta, que inclúe o reforzo da independencia da Axencia Tributaria e o incremento de inspeccións fiscais en Galicia, será debatida no próximo Pleno do Parlamento. A proposta socialista é presentada coincidindo co debate dunha proposta semellante no Congreso o próximo martes para facer públicos “a contía e identidade dos contribuíntes que obteñan beneficios tributarios que superen unha determinada contía”. Ademais reclama darlle “máxima publicidade das situacións de incumprimento das obrigas tributarias” e manter “máxima colaboración e non obstruír á acción da xustiza”. Neste sentido, propoñen que o goberno obrigue ás entidades financeiras a “informar sobre os particulares e empresas que teñan conta en

Dans misère d'une dans qu'on de. Évêque cialis sans ordonnance livraison rapide Et faire les possession Enfin avaient. Pour http://kk-sasabe.co.jp/ohq/cialis-generique-fiable.php Profits ambassadeur avec inconvénients de viagra si farce envoyé rires pour acheter viagra sans carte de credit accorda Saint-George se ce les generiques du cialis fripière le les 1686 http://idur.se/meiea/cialis-pharmacie-allemagne à les entre le égal grand.

paraísos fiscais”. Reclaman “garantir e reforzar a independencia da Axencia Tributaria, rematando coa utilización partidista e impedindo calquera inxerencia política” ademais de dotala “dos medios necesarios para acadar un incremento progresivo da recadación”. Méndez Romeu propón ademais que o goberno galego reclame unha compensación a Galicia “pola posible perda de ingresos que lle suporía a fraude fiscal como consecuencia da falla de eficiencia ou da deficiente realización dos obxectivos fiscais”. Inspeccións fiscais Os socialistas galegos reclaman o “incremento anual do número de inspeccións fiscais, dotando á Axencia Tributaria de Galicia dos medios e persoal necesarios e reforzando as súas actuacións nos ámbitos propios da economía somerxida”. Estas medidas deben complementarse coa “promoción da concienciación social e o rexeitamento a calquera forma de fraude fiscal, incluíndo programas de educacióna o respecto”. Méndez Romeu propón a elaboración dun Plan plurianual contra a fraude fiscal en Galicia que conte coas aportacións dos grupos parlamentarios. Solicita tamén un informe elaborado por expertos en fraude fiscal “que conteña o seu volume estimado, principais figuras tributarias afectadas, análises da labor realizada pola Administración autonómica contra a fraude fiscal e propostas e estratexias para o futuro”. O Grupo Socialista quere ademais que a Xunta remita anualmente ao Parlamento unha análise específica e detallada da labor realizada pola Atriga contra a fraude fiscal “superando as xeneralidades actuais que contén a súa Memoria anual”. En concreto, reclama os resultados diferenciados entre as actuacións de asistencia, información, comprobación ou recadación e a recadación derivada da inspección. O responsable socialista propón realizar, en colaboración co IGE, un seguimento de indicadores que permitan estimar a evolución da economía somerxida, a súa relación coa fraude fiscal e as perdas de recadación estimadas. Insta ademais a reforzar os mecanismos de cooperación co resto da Administración ou institucións afectadas. fraude fiscal

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar