Os socialistas reclaman lingua de signos nos medios públicos de comunicación

Os socialistas reclaman lingua de signos nos medios públicos de comunicación

Os socialistas reclaman lingua de signos nos medios públicos de comunicación

Carmen Gallego advirte que “se non se adoptan estas medidas é ou por clara falla de sensibilidade e descoñecemento ou por un mal entendido aforro”

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, presentou unha iniciativa parlamentaria na que lle reclama á Xunta que os medios de comunicación públicos de Galicia empreguen a lingua de signos “cando menos en todos os espazos informativos”.

Gallego reclama que esta medida básica de mellora da accesibilidade deberá ser implantada a continuación e de forma progresiva no resto da programación ao longo da presente lexislatura. Advirte que a negativa a aplicar esta medida “é ou ben por unha clara falla de sensibilidade e descoñecemento ou por un mal entendido aforro”.

Lembra que os medios de comunicación públicos “deben procurar que o conxunto da cidadanía poida acceder á programación que emiten”, e eliminar barreiras “é unha obriga para todos os medios de comunicación, mentres que para os medios públicos debe ser ademais unha actuación exemplarizante”.

Carmen Gallego lamenta que actualmente a TVG estea lonxe de cumprir con esta condición, “mesmo por detrás de medios de comunicación privados estatais” na implantación da lingua de signos, recoñecida como lingua oficial dende 2007.

Explica que esta medida, que garante o acceso á información, é neste momento absolutamente viable e relativamente sinxela de aplicar e necesaria para “derrubar as barreiras invisibles que impiden ás persoas xordas desenvolver a súa vida cotiá en termos de igualdade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar