Os socialistas reclaman garantías no funcionamento da depuradora de Praceres

Os socialistas reclaman garantías no funcionamento da depuradora de Praceres

Os socialistas reclaman garantías no funcionamento da depuradora de Praceres

mariscadorasA portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamoulle á Xunta que garanta o saneamento integral da Ría de Pontevedra e o bo funcionamento da depuradora de Praceres. A deputada socialista levou á Comisión de Medio Ambiente unha pregunta sobre o vertido que no pasado mes de febreiro estragou o traballo das mariscadoras de Lourizán.

A deputada socialista lembrou que aquel vertido, un “fluído marrón procedente da Edar”, non foi anunciado e coincidiu no momento de traslado da semente á zona de marisqueo, na baixamar, obrigando ás mariscadoras a parar coa súa actividade e levándoas a protestar nas portas da depuradora. A depuradora tiña anunciado arranxos no emisario submarino que deberan ser controlados en días sen marisqueo e en pleamar.

Vilán esixiulle á Xunta que responda dunha actuación que estragou o traballo e os ingresos das mariscadoras e que resolva a situación da depuradora. Esta infraestrutura, xestionada directamente por Augas de Galicia, actualmente “non da abasto, non funciona e non ten superado os requisitos mínimos de depuración regulados pola normativa sectorial aplicable”.

Criticou o desleixo do goberno diante da situación dunha depuradora que está baixo o punto de mira da Comisión Europea, que ten advertido do risco para a saúde pública ao carecer dun bo tratamento de augas residuais urbanas no eixo Pontevedra – Poio – Marín – Bueu e a falla dun sistema axeitado de tratamento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar