Os socialistas reclaman á Xunta que teñan a valentía de recoñecer que queren desmantelar o servizo que prestaba o 065

Os socialistas reclaman á Xunta que teñan a valentía de recoñecer que queren desmantelar o servizo que prestaba o 065

Os socialistas reclaman á Xunta que teñan a valentía de recoñecer que queren desmantelar o servizo que prestaba o 065

Carmen Gallego denuncia que as reformas no servizo de transporte para persoas con mobilidade reducida tanto regular como non regular afectará á cobertura territorial e limitará a atención a 2.400 das 8.000 persoas usuarias

Considera irresponsable por parte da consellería de Traballo e Benestar modificar un servizo para destruír postos de traballo, ao reducir o número de vehículos de 114 a 44

A portavoz de Política Social, Carmen Gallego, ven de conminar á Xunta a “que teñan a valentía de recoñecer que queren desmantelar o 065”. Durante unha pregunta en Comisión, a deputada socialista denunciou que “pasamos de ter un transporte programado para persoas con dificultades de mobilidade mellorable a ter agora un caos”.

Gallego acusou á consellería de Traballo e Benestar de desmantelar un servizo de transporte á demanda para persoas de mobilidade reducida que contaba con 114 vehículos, con condutores e monitores, e prestaba uns 600.000 servizos ao ano. Atendíase a unhas 8.000 persoas.

Agora, explica a parlamentaria, “nos quedamos cun 065 para o transporte non regular gratis ou con copago, e por outra parte cun servizo concertado coas entidades de iniciativa social para transporte regular que si terá copago.

A socialista pregúntase polo futuro dos traballadores que deixan de traballar no 065 ao aparecer dúas modalidades diferentes de servizo. Manifesta a súa desconfianza polo futuro laboral dos condutores dos vehículos si se pasa de 114 a 44. “Temos noticias de que non”, adiantou Carmen Gallego que considerou “alomenos chocante” que a consellería de Traballo que “poña en marcha algo que vai destruír emprego”.

A prestación de servizo redúcese nun 70%, atendendo á redución de vehículos, explicou. O resto das persoas usuarias que facían transporte non regular, “quen lles vai facer ese servizo?”, demandou Gallego. O quese concerta coas organizacións de persoas con discapacidade é para transporte regular. “De atender unha poboación de 8.000 persoas imos atender a unhas 2.400”, afirmou.

No servizo regular vai haber un copago de entre 32 e 182 euros. As entidades non dan cobertura total ao territorio, polo que haberá “zonas escuras”, persoas que quedarán sen cobertura do transporte que lles daba ata agora o servizo do 065. Tamén haberá entidades que pola súa dimensión non poidan asumir a parte económica que lles corresponde.

En definitiva, “temos un transporte programado e non regular que vai pasar de cubrir a 8.000 persoas usuarias a cubrir como moito a 2.400 e temos un transporte regular que se viña prestando desde a Xunta e que agora se vai prestar unicamente desde as entidades de iniciativa social con un copago de entre os 32 e os 182 euros mensuais que non vai cubrir nin a todo o territorio nin a todas as persoas”, concluíu Carmen Gallego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar