Os socialistas reclaman á Xunta que se posicione sobre a situación dos fondos artísticos de Caixa Galicia e Caixanova

Os socialistas reclaman á Xunta que se posicione sobre a situación dos fondos artísticos de Caixa Galicia e Caixanova

Os socialistas reclaman á Xunta que se posicione sobre a situación dos fondos artísticos de Caixa Galicia e Caixanova

O parlamentario socialista José Luis Méndez Romeu presentou hoxe unha pregunta á Xunta para que explique a situación do patrimonio artístico de Caixa Galicia e Caixanova. Así llelo reclamou ao goberno galego logo de que Novagalicia Banco anunciara onte a súa intención de adquirir os fondos da que actualmente é “a mellor colección de artistas galegos”.

Méndez Romeu lembrou que a Xunta ostenta a tutela legal sobre as fundacións, malia o que “temos que coñecer pola prensa que hai movementos patrimoniais que lles afectan” e nos que está implicada esta colección de obras de artistas galegos.

O parlamentario socialista lembrou que as entidades orixinais, Caixanova e Caixa Galicia, eran titulares “por si mesmas ou polas obras sociais e fundacións asociadas”, dun “notable patrimonio artístico, en especial referido á arte galega”. Estes fondos están expostos permanentemente en Vigo, mentres outra parte mantense en exposicións itinerantes nas sedes das fundacións correspondentes.

Méndez Romeu esixiu ao goberno galego que explique si ten decidido tomar algún tipo de medida sobre estes fondos logo de constatar que “no proceso de fusión que deu lugar a NCG as fundacións e obras sociais, titulares dos fondos, non foron integradas”. Sinala que “no traspaso do negocio bancario a Novagalicia Banco parte dos inmobles das fundacións e obras sociais fican adscritas á entidade financeira”.

Reclama unha resposta rápida do goberno galego xa que “a indefinición do Goberno galego sobre este patrimonio artístico galego está producindo incerteza e preocupación nas institucións locais, principais colaboradoras dos proxectos de promoción cultural”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar