Os socialistas reclaman a retirada do decreto do plurilingüismo para recuperar o consenso sobre a lingua

Os socialistas reclaman a retirada do decreto do plurilingüismo para recuperar o consenso sobre a lingua

Os socialistas reclaman a retirada do decreto do plurilingüismo para recuperar o consenso sobre a lingua

O portavoz de Lingua e Cultura do Grupo Socialista, Francisco Caamaño, reclamoulle á Xunta a retirada do decreto do plurilingüismo para “a partir de aí traballar e buscar unha solución consensuada entre todos”. Así o dixo no debate dunha moción socialista no Pleno do Parlamento que foi aprobada parcialmente.

Caamaño dixo que a decisión do goberno galego de non recorrer o decreto do TSXG fronte ao Tribunal Supremo constitúe “un primeiro paso na boa dirección” e animounos a “dar o segundo paso e retiren a norma” para recuperar o diálogo. Chamou aos membros do PP a “abandonar o seu complexo mais ideolóxico que real con relación á lingua no ensino”.

Reclamou a retirada do decreto “para que o pasado non siga contaminando o presente e o futuro. Lembrou que que tanto o Tribunal Constitucional como o TSXG teñen decretado que a responsabilidade de fixar as materias de ensino correspóndelle á administración educativa e non aos pais, en contra da consulta aos pais que establecía o decreto da Xunta.

Dixo que a defensa desta lingua resulta “fundamental” por canto “é a nosa lingua oficial” e constitúe "un patrimonio dos galegos e de toda España”, e subliñou que “temos a obriga de que os nosos nenos poidan coñecer e defender a nosa lingua co orgullo de ser de onde son” para que “siga estando viva”.

Unanimidade

O Pleno do Parlamento aprobou por unanimidade acadar “unha postura política común para que o galego, en tanto que lingua oficial e propia de Galicia, conserve a súa consideración de materia troncal no ensino”. O PP rexeitou ao mesmo tempo a parte da moción que chamaba a abrir un proceso de diálogo para acadar un acordo respectuoso co dereito fundamental á educación substituíndo o decreto do Plurilingüismo.

Caamaño reclamoulle ao goberno galego que atenda á Lei de Normalización Lingüística de Galicia e retire o decreto “parcialmente declarado ilegal polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia”. Lamentou que o PP tamén rexeitara ter en conta os informes do Consello Escolar, o Consello da Cultura Galega, a RAG e o Consello Consultivo, así como a sentenza do TSXG en contra da consulta aos pais sobre a lingua no ensino.

O responsable socialista puntualizou que “isto de que o da lingua no ensino dependa do que din os pais é unha decisión claramente contraria ao Tribunal Constitucional e ao que di o TSXG”. Dixo que a política do goberno galego está “claramente desnortada no tocante aos dereitos á educación e á lingua”, ademais de que a súa legalidade está “cuestionada”.

Diálogo

Caamaño lamentou que malia as reiteradas ofertas do goberno galego a acadar diálogo e consenso en torno á lingua “non temos constancia de que teñan buscado ningún encontro, acordo ou solución para reorientar a súa política lingüística”. Explicou que a declaración a prol do diálogo diante dos medios de comunicación sen convocar ningún tipo de encontro “é cantarlle un alalá á lúa”.

Moción aprobada hoxe no Parlamento:

O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a promover, dentro do marco de diálogo, unha postura política común para que o galego, en tanto que lingua oficial e propia de Galicia, conserve a súa consideración de materia troncal no ensino”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar