Os socialistas reclaman a retirada do anteproxecto da Lei de Convivencia logo rexeitamento do Consello Escolar de Galicia

Os socialistas reclaman a retirada do anteproxecto da Lei de Convivencia logo rexeitamento do Consello Escolar de Galicia

Os socialistas reclaman a retirada do anteproxecto da Lei de Convivencia logo rexeitamento do Consello Escolar de Galicia

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, reclamou hoxe a Feijóo e ao conselleiro Vázquez a retirada inmediata do anteproxecto da Lei de Convivencia Educativa diante do “maioritario rexeitamento” ao mesmo amosado no Consello Escolar de Galicia. Este órgano rexeitou o texto hoxe mesmo por 21 votos en contra e 11 a favor.

Meijón dixo que “ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Educación non lles queda outro remedio que retirar o anteproxecto e comezar de cero si queren conservar un mínimo de dignidade” logo do rexeitamento maioritario amosado hoxe pola comunidade educativa.

O Grupo Parlamentario socialista, dixo, entende que esta votación confirma a pouca calidade e a trampa dun texto que tiña como mérito para o conselleiro Vázquez tentar de “colar pola porta de atrás” a “famosa” enquisa aos pais a respecto do decreto polo Plurilingüismo, cuxa ilegalidade xa fora posta negro sobre branco por parte do Consello Consultivo.

Dixo que, con relación á Lei de Convivencia propiamente dita, o conselleiro Vázquez unicamente ofrecía unha normativa baseada en criterios punitivos a “custe cero”, evitando ofertar en ningún caso recursos materiais e humanos, “cos que si se podería impulsar unha mellora do clima nas aulas” e un incremento da calidade educativa, “algo que si facía o goberno anterior, fronte ao goberno de Feijóo e Vázquez que só entenden de recortes en materia educativa”.

Meijón sinala que “non se podía esperar máis por parte de quen se encargou de ignorar sistematicamente ao Observatorio Galego de Convivencia Escolar, cuxo plenario non foi convocado nin unha soa vez dende que Feijóo asumiu a xestión da Consellería de Educación”.

Pobreza de argumentos

Meijón sinala a unanimidade de gran parte dos membros do Consello Escolar de Galicia respecto da “pobreza e precariedade argumental” con que os representantes da administración educativa tentaron inutilmente de defender o Anteproxecto presentado. Sinala que “incluso membros nomeados pola administración e que foron altos cargos do PP se viran obrigados a absterse na votación seguramente por unha cuestión de dignidade persoal”.

Explicou que “si respecto dos resultados da votación temos en conta que a maioría dos 11 votos favorables corresponden con representantes do propio Goberno galego, só cabe sinalar a abafante derrota que supón o resultado desta votación, o que implica que a gran maioría da comunidade educativa dille a Feijóo e ao conselleiro Vázquez que este non é o camiño para mellorar o clima de convivencia nas aulas deste país”.

Os socialistas galegos reclama de novo do conselleiro Vázquez “a retirada do texto, que solicite un informe ao observatorio de Convivencia -que é o órgano encargado de facelo-, e que unha vez obtidos os resultados, plantexen un “documento cero” que se remita a tódolos consellos escolares de Galicia e a tódolos sectores da comunidade educativa, para que, nun gran proceso de participación e debate, poidamos chegar a un texto final de consenso”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar