Os socialistas reclaman a regularización do alugamento vacacional "racional, transparente e con garantías".

Os socialistas reclaman a regularización do alugamento vacacional “racional, transparente e con garantías”.

Manel Gallego denuncia unha regularización “de parte” e reclama un novo decreto “de consenso”

O portavoz da área de Turismo do Grupo Socialista, Manel Gallego, reclamou hoxe unha nova regularización do alugamento vacacional “racional, transparente e con garantías”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista na que demanda a retirada do decreto da Xunta aínda sen aprobar para elaborar unha nova normativa “de consenso”.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de elaborar un proxecto de decreto tan só coas aportacións dos hosteleiros e deixando fora os requisitos das máis de 6.000 familias con vivendas turísticas. Acusou ao PP de pretender “eliminar” unha actividade “que xa é unha realidade”, condenándoa á economía somerxida e sen garantías e que constitúe un complemento económico “moi importante”.

Gallego advertiu que a Xunta leva “ano e medio dándolle voltas” a un decreto “altamente restritivo” para a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico de Galicia co único obxectivo de entorpecer esta actividade para incrementar as estancias hoteleiras. Sinalou que, logo de sete anos de goberno e despois de telo anunciado a finais de 2014, “non lles vai dar tempo de aprobalo antes das eleccións”.

Proposta

Os socialistas reclamaron polo tanto a retirada do proxecto de decreto do goberno galego que establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico, e que afecta directamente a zonas de elevada afluencia turística estacional, e que foi rexeitado polo PP.

Por outra banda, solicitaban un novo documento “cuns requisitos mínimos e contando coa participación dunha representación dos propietarios destes inmobles”, que “poidan expoñer as súas necesidades e obxectivos e permita ofrecer un mellor servizo aos potenciais turistas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar