Os socialistas reclaman a reapertura da arbitraxe para os afectados pola estafa das preferentes

Os socialistas reclaman a reapertura da arbitraxe para os afectados pola estafa das preferentes

Os socialistas reclaman a reapertura da arbitraxe para os afectados pola estafa das preferentes

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, salientou a “necesidade de reabrir a arbitraxe” para os afectados pola estafa das preferentes e subordinadas. Así o dixo na comparecencia dos representantes das plataformas de afectados polas preferentes hoxe na Comisión de Investigación sobre a desaparición das caixas de aforro galegas.

A responsable socialista dixo que, malia que NGB ten comunicado o 17 de xuño peche do proceso, “pódese reabrir, non hai ningún condicionante legal para non facelo, non hai ninguén que diante dun árbitro poida impedir a devolución dos aforros”. Criticou ademais a oposición do PP á reapertura do proceso, logo de ter votado en contra no Pleno do Parlamento malia que o seu portavoz se teña posicionado hoxe a favor.

Gallego denunciou que a arbitraxe fora utilizada como unha “ferramenta política”, que o goberno galego fixo funcionar de maneira áxil na precampaña e campaña electorais para despois “rexistrar de súpeto moitos problemas”. Ademais, criticou as numerosas irregularidades deste proceso, xa que a día de hoxe aínda non se coñecen os criterios de inclusión e exclusión no mesmo.

Sinalou que “hai moitos excluídos do proceso teñen tanto dereito ou mais que algúns dos que si foron admitidos na arbitraxe” e apuntou que as irregularidades chegan ao punto de que “chamouse a mais ou menos xente á arbitraxe en función da presión social rexistrada en determinadas zonas xeográficas”.

A parlamentaria socialista advertiu que “a pesares de que os directivos das caixas de aforros eludiron as súas responsabilidades” nas súas comparecencias diante da Comisión de Investigación, o certo é que “hai responsabilidades penais e deixación de funcións polos organismos reguladores”. De feito, lembrou que a última quita aprobada polo goberno foi recorrida polo PSOE por inconstitucionalidade.

Censurou tamén a actitude do goberno de Galicia, que en lugar de resolver o problema incumpriu o acordo parlamentario aprobado o pasado 15 de marzo para prestar asesoramento xurídico gratuíto e ampliar os medios para a arbitraxe.

Gallego sinalou que esta foi a primeira comparecencia dos representantes dos afectados pola estafa logo de dous anos de protestas e de encontros cos grupos parlamentarios, e amosou o seu “agradecemento polo traballo e pola batalla que teñen dado na rúa e nas institucións para recuperar os seus aforros”.

A parlamentaria socialista puntualizou que os afectados deben ser considerados vítimas dunha estafa e comezou recoñecendo os erros cometidos polos socialistas galegos e “pedímoslles perdón polos erros cometidos no seu día”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar