Os socialistas reclaman a Feijóo que supere as súas contradicións sobre o saneamento do balance de NGB

Os socialistas reclaman a Feijóo que supere as súas contradicións sobre o saneamento do balance de NGB

Os socialistas reclaman a Feijóo que supere as súas contradicións sobre o saneamento do balance de NGB

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, reclamou hoxe ao presidente da Xunta que supere as súas contradicións sobre a necesidade dun saneamento do balance de NGB polos seus problemas financeiros. Así o dixo no debate en Comisión dunha pregunta oral para que o goberno clarifique as súas expectativas sobre as repercusións desta operación.

Caride preguntou por qué o presidente da Xunta pedía hai seis meses un esquema de protección de activos para a entidade e apuntaba á necesidade do saneamento e hoxe a Xunta sinala que as contas están “meridianamente claras”. Explicou que ao pedir o saneamento supuña que os activos da entidade “non reflicten a súa situación real e hai que protexelos xa que poden estar sobrevalorados no balance da entidade”.

Advertiu que mentres Feijóo hai seis meses impulsaba un esquema de protección de activos en segunda perda para que NGB mantivera a súa actividade en Galicia hoxe “mira para outro lado”. Agora, engadiu, invítaos a negociar co Banco de España e co Ministerio de Economía

32641281A

Artigos relacionados

Pechar