Méndez Romeu reclama a Feijóo que interpoña un recurso ante o TS contra a paralización do Plan Eólico por parte do Goberno central

Méndez Romeu reclama a Feijóo que interpoña un recurso ante o TS contra a paralización do Plan Eólico por parte do Goberno central

Méndez Romeu reclama a Feijóo que interpoña un recurso ante o TS contra a paralización do Plan Eólico por parte do Goberno central


O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, presentou hoxe unha serie de iniciativas parlamentarias para que Feijóo interpoña un recurso diante do Tribunal Supremo contra a paralización do Plan Eólico por parte do Executivo central.

O responsable socialista lamentou o “silencio cómplice” da Xunta en contraste coa “belixerancia xurídica” amosada noutros momentos, como por exemplo contra o decreto do carbón. Méndez Romeu quere que a actuación legal do goberno galego supoña a suspensión cautelar do decreto por parte do alto órgano xudicial.

Méndez Romeu quere que a Xunta traballe e reclame do Goberno central un réxime excepcional para as instalacións de produción de enerxía eléctrica instaladas en Galicia e afectadas polo Real Decreto do 27 de xaneiro, tal e como está a facer con Canarias. Considera que a falla de reacción do Goberno galego resulta “inexplicable” por canto Galicia é a principal produtora de enerxía eólica.

Explica que a “falla de impulso e compromiso co sector” polo Executivo de Feijóo demóstrase cunha “errática actuación” en materia enerxética. Critica así a derrogación do concurso eólico aprobado e convocado polo anterior goberno, modificando o marco normativo, a convocatoria dun novo concurso inzado de dúbidas xurídicas e agora “gardando silencio diante da parálise imposta”.

Explica que o Real Decreto – Lei 1/2012 suspendeu os procedementos de preasignación da retribución e a supresión dos incentivos económicos para a produción de enerxía eléctrica a partir de coxeneración, fontes de enerxía renovable e residuos. Isto supuxo a desaparición das primas que garantían a competitividade da instalación de parques eólicos en Galicia, mentres impide aos adxudicatarios levar a cabo os seus proxectos.

Lamenta o desleixo do goberno autonómico diante da eliminación total do principal proxecto industrial da Xunta por parte do Executivo central, que segundo anunciou o Goberno de Feijóo “depararía milleiros de empregos, beneficios medioambientais a medio do canon, expansión da industria de compoñentes, así como o incremento da potencia instalada e da produción eléctrica.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar