Os socialistas reclaman a eliminación das taxas xudiciais nos procesos en defensa do medio ambiente

Os socialistas reclaman a eliminación das taxas xudiciais nos procesos en defensa do medio ambiente

Os socialistas reclaman a eliminación das taxas xudiciais nos procesos en defensa do medio ambiente

Patricia Vilán advirte que a aplicación das taxas fai imposible iniciar procesos en defensa do medio ambiente

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamou a eliminación das taxas xudiciais ás persoas e colectivos que inicien procesos en defensa do medio ambiente. Vilán presentou unha proposición non de Lei na Comisión Institucional do Parlamento na que advertiu que as taxas fan imposible iniciar estes procesos, e que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista sinala que a decisión do Ministerio de Xustiza de limitar o acceso aos procesos xudiciais en función da renda limitará tamén o acceso á xustiza ambiental. Advertiu que “malia que o medio ambiente é de todos, ninguén vai poñer tempo nin cartos para defender o de todos”, unha función que ata o momento adoitaban facer os ecoloxistas ou colectivos como asociacións ou plataformas”.

Engadiu que “tamén limitará o traballo das ONG e asociacións con escasos recursos económicos o posible futuro requisito de só poder usar este servizo tres veces ao ano, salvo que se acredite que non hai abuso de dereito”.

Así, explicou que coas novas taxas o xuízo do Prestige ou o proceso pola contaminación do humidal de Valdoviño “serían imposibles”. A situación chega a que casos como o da Sociedade Española de Ornitoloxía, que pasou de ter 50 procedementos abertos a só iniciar un dende que se aprobou a Lei polas limitacións impostas pola Lei, que multiplican por 10 os custes dos procedementos.

Inaccesible

A deputada socialista denunciou que as taxas impostas polo PP nos procesos xudiciais “dificultan, burocratizan e fan moito mais lenta e inaccesible a Xustiza aos cidadáns” coa intención de “excluír da administración de Xustiza aos cidadáns que non poidan pagar”.

Engadiu que “impoñer as taxas xudiciais, erradicadas dende 1986, ademais de ser contrario ao dereito á tutela xudicial efectiva e ao dereito á igualdade consagrados na Constitución Española, non supón eficacia nin fácil acceso para os cidadáns, supón facer cidadáns de primeira e de segunda no acceso á Xustiza”.

Lembra que o Tribunal Constitucional ten declarado a constitucionalidade das taxas, “pero para as persoas xurídicas, non físicas, e nos ordes civil e contencioso – administrativo” e puntualiza que “a taxa na orde social supón incidir na discriminación entre o traballador –parte débil- e o empregador”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar