Os socialistas reclaman a eliminación das cláusulas suelo das hipotecas dende a súa formalización e non dende o 9 de maio

Os socialistas reclaman a eliminación das cláusulas suelo das hipotecas dende a súa formalización e non dende o 9 de maio

Os socialistas reclaman a eliminación das cláusulas suelo das hipotecas dende a súa formalización e non dende o 9 de maio

Manel Gallego demanda a intervención do goberno galego para garantir asistencia xurídica aos afectados

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista, Manel Gallego, reclamou hoxe a eliminación das cláusulas suelo das hipotecas dende o momento da súa formalización e non dende o 9 de maio, como están a facer as entidades financeiras a raíz dunha sentenza do Tribunal Supremo. Gallego presentou unha pregunta na Comisión de Industria e Consumo para reclamar a intervención do goberno galego ofrecendo asistencia xurídica aos 5.000 galegos e galegas afectados.

Gallego explicou que a sentenza sinala como abusivas as coñecidas como cláusulas suelo das hipotecas, que impiden a baixada do tipo de interese a partires dun mínimo do índice de referencia, habitualmente o euríbor. O deputado socialista apunta que polo tanto os afectados polas cláusulas deben ter dereito a que lles sexa devolto o importe que lles foi cobrado indebidamente polas entidades dende o momento da sinatura da hipoteca.

Criticou así que as entidades tan só devolvan o importe dende o momento da publicación da sentenza, o pasado 9 de maio, e demandoulle ao goberno galego que apoie aos galegos e galegas afectados prestándolles asistencia xurídica a través do Instituto Galego de Consumo. Reclamoulle “axuda para que os consumidores se defendan” e demandou “que non se poña de perfil e mire para outro lado”.

Esixiu unha resposta do goberno galego a unha nova fraude ao consumidor “pois si as cláusulas non se podían aplicar era dende que se formalizou o contrato do préstamo hipotecario e, polo tanto, as entidades financeiras que fixeron esta práctica irregular están obrigadas á devolución do diñeiro percibido polo diferencial dos intereses dende a formalización da hipoteca”.

Explicou que para unha hipoteca media de 120.000 euros a 30 anos, a cláusula suelo podería chegar a supor entre 50 e 70.000 euros que o usuario pagaría de mais durante toda a vida do préstamo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar