Os socialistas reclaman a comparecencia urxente da Conselleira de Sanidade para explicar os casos de nepotismo no Sergas

Os socialistas reclaman a comparecencia urxente da Conselleira de Sanidade para explicar os casos de nepotismo no Sergas

Os socialistas reclaman a comparecencia urxente da Conselleira de Sanidade para explicar os casos de nepotismo no Sergas

Carmen Acuña sinala que logo de que o TSXG anulara a xefatura concedida ao seu marido no Hospital de Santiago, Mosquera “ten que facer o mesmo que o ex conselleiro de Sanidade de Madrid” que vén de dimitir

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamoulle á conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, que siga o camiño do ex conselleiro de Sanidade de Madrid, que vén de presentar a súa dimisión. Así o dixo logo de coñecer que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou o nomeamento do seu marido como xefe de Cirurxía do Hospital de Santiago por “desviación de poder”.

Acuña recomendoulle á conselleira galega “que faga o mesmo que Lasquetty, non só por privatizar a sanidade galega, senón porque acabamos de saber que, de acordo co TSXG, fai mal uso e abuso do seu cargo para favorecer aos membros da súa familia”. Esixiulle que imite ao hoxe ex conselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid “e non dane mais ao sistema sanitario público”.

A deputada socialista reclamou a comparecencia urxente no Parlamento da conselleira de Sanidade para dar conta dos casos de nepotismo no interior da sanidade pública autonómica. Lembra que a sentenza do Tribunal coñecida hoxe é só o último capítulo dunha longa serie de irregularidades nas xefaturas de servizo dos hospitais públicos galegos.

Carmen Acuña sinala as irregularidades como nos servizos de Dixestivo, Pneumoloxía, Psiquiatría do Hospital de Pontevedra, ou no de Psiquiatría de Ourense. Neste último hospital, lembrou, está prevista a convocatoria dunha praza de “coordinador de Urxencias”, creada ad hoc pola xerente do centro, Eloína Núñez, familiar de Feijóo, “e que supostamente querían concedérllela ao seu marido”.

Privatización

A responsable socialista reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que “escoite aos profesionais da sanidade e a toda a cidadanía e paralice de inmediato a privatización do sistema sanitario público galego”. Instouno a “non agardar a que teñan que vir os xuíces como sucedeu en Madrid”, lembrando que “xa ten moitas privatizacións no tribunais” como o caso dos profesionais de mantemento ou do Hospital privado de Vigo.

Advertiu que o presidente da Xunta “privatiza ás agachadas” a sanidade galega, entregando o sistema “a cachiños” cun método co que leva xa privatizada a limpeza, a seguridade, o mantemento ou o subministro enerxético.

Explicou que, logo de ter cedido ás empresas a central de chamadas, a plataforma loxística, ou o sistema informático do sistema público de saúde “só lle queda privatizar ao persoal sanitario”, un proceso que ten “preparado a través das unidades de xestión clínica”.

Ademais, lembrou, Feijóo ten “en marcha” a privatización de toda a nova tecnoloxía e a esterilización de tódolos centros sanitarios de Galicia “sen esquecer as novas infraestruturas de hospitais enteiros como o de Vigo ou os plans directores dos hospitais de Santiago e Ourense e a construción dos centros de saúde”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar