Os socialistas reclaman a comparecencia do conselleiro de Economía sobre a estafa das Preferentes

Os socialistas reclaman a comparecencia do conselleiro de Economía sobre a estafa das Preferentes

Os socialistas reclaman a comparecencia do conselleiro de Economía sobre a estafa das Preferentes

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, ven de reclamar a comparecencia do conselleiro de Economía no Pleno do Parlamento para dar conta da quita de mais do 50 por cento aos aforradores estafados por NGB a través das participacións preferentes, tal e como están a sinalar as informacións sobre o Real Decreto coñecidas ata o momento.

 

Amosouse “fondamente preocupado” polo contido da norma e cualificou de “barbaridade” que peche a posibilidade de reclamación aos afectados pola fraude das preferentes. Puntualizou que os socialistas “esperamos a valorar e coñecer en profundidade o Real Decreto no momento en que sexa presentado” pero explicou que “de aprobarse nos termos en que se están a facer públicos o goberno convalidaría unha estafa”.

 

Anunciou sen embargo a súa “oposición na tramitación” do texto “na medida en que hai que garantir os dereitos dos afectados, mentres o Real Decreto non só os limita senón que os elimina”. Dixo que “baixo ningún concepto podemos permitir que aos clientes estafados se lles limite a posibilidade de reclamar”.

 

O parlamentario socialista presentou unha batería de iniciativas para que a Xunta explique o seu desleixo diante deste caso e esixiulle que garanta a devolución íntegra da totalidade dos aforros estafados. Dixo que ademais de ser a única saída viable e “de xustiza” os aforradores galegos, é tamén “a única posibilidade de que Novagaliciabanco poida recuperar a súa credibilidade e restaurar a confianza perdida”.

 

Juan Carlos Francisco Rivera solicitou a comparecencia do conselleiro de Economía e Industria diante do Pleno do Parlamento “para dar conta do Real Decreto aprobado polo Goberno avalando as condicións do Memorándum de Entendimento –MOU- negociado coa UE”. Reclama que explique “a incidencia que terá na quita que se prevé realizar aos titulares de preferentes e obrigas subordinadas das entidades galegas”.

 

Reclamou tamén a comparecencia da directora xeral de Comercio en Comisión parlamentaria por este mesmo motivo, así como para dar conta da situación dos expedientes de arbitraxe instados polos afectados da fraude. Juan Carlos Francisco quere que o Goberno galego expoña “as previsións sobre os prazos estimados de solución e o número de persoas aos que se lles van devolver os cartos mediante esta vía”.

 

Considera “lamentable o silencio do Goberno galego cara a formular unha estratexia que permitise visualizar diante das autoridades europeas a condición de aforradores estafados dos tenedores de Preferentes e Obrigas Subordinadas en Galicia. sinala que este silencio é “corroborado explicitamente polo Goberno do Estado na negociación das condicións do MOU, altamente lesivas para mais de 50.000 galegos e galegas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar