Feijóo debe comparecer na Comisión de Estudo da Corrupción

Feijóo debe comparecer na Comisión de Estudo da Corrupción

Feijóo debe comparecer na Comisión de Estudo da Corrupción

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Estudo da Corrupción, José Luis Méndez Romeu, anunciou a solicitude de comparecencia de Feijóo neste órgano para dar conta dos casos que afectan ao seu partido. Así o dixo logo da constitución deste órgano no Parlamento de Galicia a proposta dos socialistas galegos, e no que a deputada Beatriz Sestayo foi elixida vicepresidenta.

Méndez Romeu sinalou que Feijóo xa ten rexeitado 5 veces dar conta da situación de corrupción no seu partido logo de outras tantas peticións formuladas polos socialistas galegos, e dixo que “agardamos que nesta ocasión compareza, xa que este pode ser o momento oportuno”.

O responsable socialista explicou que a Comisión de Estudo contará coa presenza de “persoas especialmente cualificadas, con coñecemento fondo das causas e procedementos” relacionados coa corrupción para propoñer “normas que poden contribuír a minorala ou erradicala do eido político e da administración”.

Adiantou ademais que os socialistas solicitarán a comparecencia de expertos nos eidos académico, xudicial, de administracións públicas e da política para que poidan presentar as súas propostas para “reducir este problema que, de acordo co CIS, é o segundo de motivo de preocupación da cidadanía” e que o 40 por cento dos cidadáns consideran extraordinariamente grave.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar