O PSdeG reclama a comparecencia de Feijóo e unha Comisión de Investigación sobre NGB

O PSdeG reclama a comparecencia de Feijóo e unha Comisión de Investigación sobre NGB

O PSdeG reclama a comparecencia de Feijóo e unha Comisión de Investigación sobre NGB

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, esixiu a comparecencia de Feijóo para “dar conta e asumir responsabilidades políticas” e a posta en marcha dunha Comisión de Investigación sobre o fracaso da fusión das caixas galegas e as indemnizacións millonarias aos exdirectivos de NGB.

Anunciou que os socialistas solicitarán a comparecencia e tramitará de novo a solicitude de constitución desta Comisión en canto sexa constituído o Parlamento. Dixo que logo do auto da Audiencia Nacional coñecido hoxe que apunta ás “evidentes irregularidades” producidas no proceso de fusión xa “non caben mais desculpas” por un “fiasco político de quen se fixo fotos dun brindis no momento da fusión” en alusión a Feijóo.

Esixiulle así ao xefe do Executivo autonómico que “dea a cara” logo dun proceso fracasado que provocou que “os galegos e galegas pasáramos de ter dúas entidades financeiras a non ter ningunha”. Dixo que Feijóo “xa non ten escusa para asumir a súa responsabilidade sobre o proceso, mais alá das responsabilidades xudiciais que confiamos que cheguen ata o final”.

Obstáculos á investigación

Losada fixo estas declaracións logo de que hoxe a xustiza advertira “criminalidade suficiente” na actuación dos ex directivos de NGB. O responsable socialista acusou a Feijóo de “obstaculizar” a investigación dende hai mais dun ano mentres mantiña agochada a auditoría elaborada por KPMG con diñeiro público e que “supostamente avalaba o proceso de fusión” nun “exercicio de absoluta falla de hixiene democrática”.

Sinalou que o PP bloqueado sistematicamente esta investigación malia que dous anos despois da fusión, logo de nove meses de que o PP rexeitara as peticións do PSdeG-PSOE para constituír a Comisión, e logo de que o presidente da Xunta comprometera a súa posta en marcha, o PP a mantivo bloqueada durante un mes para finalmente decaer polo adianto das eleccións autonómicas por parte de Feijóo.

Criticou que “aínda que dende o PP agora digan outra cousa, a realidade é que os galegos tivemos que asistir con vergoña a ver cómo os ex directivos comparecían no Congreso dos Deputados mentres se lles impedía asistir á Cámara Autonómica”. Losada lembra que os socialistas galegos “manifestamos dende o principio a inmoralidade das retribucións percibidas polos ex directivos e a necesidade de que devolveran eses cartos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar