Os socialistas reclaman a comparecencia da conselleira de Medio Rural sobre a crise do leite

Os socialistas reclaman a comparecencia da conselleira de Medio Rural sobre a crise do leite

Os socialistas reclaman a comparecencia da conselleira de Medio Rural sobre a crise do leite

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, reclamou a comparecencia urxente da conselleira de Medio Rural en Pleno ou Comisión parlamentaria para dar conta da nova situación de crise do sector lácteo. Advertiu que a conselleira “non pode irse de vacacións cos deberes sen facer dende fai dous anos” cun sector nunha situación de debilidade extrema diante da desaparición do sistema de cotas no próximo abril e cos prezos máis baixos de Europa.

García advertiu que “a ineficacia” da conselleira ten provocado o fracaso na aplicación das medidas do paquete lácteo en Galicia, como evidencia que 7.000 explotacións non teñan neste momento contratos coa industria, e aqueles que os teñen son totalmente enprecario, sin duración e sen ningún tipo de negociación.

Denunciou que a única resposta do goberno galego teña sido pedir “sentidiño” e deixar que cada pau aguante a súa vela, deixando aos produtores galegos indefensos diante da competencia dos produtores de Francia e Alemaña. O único que fixo a conselleira, lembrou, foi “poñerlle a Feijóo nos discursos que os prezos estaban ben”, sen tomar ningún tipo de medida estructural para aproveitar a suba temporal do leite.

Galicia, dixo, é hoxe o principal produtor de leite do Estado pero ten os prezos mais baixos de España e un dos menores de Europa, rematando a etapa de suba de prezos “coa mesma debilidade que tiña antes da suba de prezos”.

Ademais, engadiu, logo de que ata o Ministerio de Agricultura advertira do fracaso da aplicación do paquete lácteo e instara á súa modificación, “a día de hoxe non sabemos cales son as propostas da comunidade autónoma co maior número de produtores”, mais alá de que hai meses a conselleira de Medio Rural dixera que “non había nada que modificar”.

A conselleira “non pode agora evadirse do problema, e trasladárllelo ós produtores, todo o que está acontecendo era previsible e é a súa responsabilidade directa”

Propostas

Os socialistas galegos reclámanlle á Xunta que reclame a modificación urxente do paquete lácteo para que realmente regule os contratos entre produtores e industria, que introduza a figura do mediador e estableza un réxime eficaz de sancións. Ademais, reclama que os contratos lácteos teñan unha duración mínima de dous anos para adaptarse ao novo escenario sen cota láctea.

Tamén lle esixe á Xunta que harmonice un plan dende o Ministerio en conxunto coas comunidades autónomas para a xestión dos últimos meses de cota láctea, evitando o descontrol da sobreprodución. Así, solicita un parámetro de sobreprodución individual que evite o pago dunha multa millonaria, as retencións aos gandeiros e gandeiras e a distribución equitativa da sobreprodución.

Pablo García reclamou que a supertaxa sexa “controlada, equitativa e ordenada” para evitar que haxa gandeiros que teñan que asumir un 60 por cento fronte a outros cun 5 por cento. Advertiu que a aplicación dunha multa láctea xusto antes da desaparición do sistema de cotas pode poñer en perigo a recollida do leite.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar