Os socialistas reclamámoslle á Xunta que recoñeza o fracaso do concurso eólico

Os socialistas reclamámoslle á Xunta que recoñeza o fracaso do concurso eólico

Os socialistas reclamámoslle á Xunta que recoñeza o fracaso do concurso eólico

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamoulle hoxe ao goberno galego que recoñeza “o fracaso do concurso eólico” logo da sentenza en contra do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Losada presentou unha iniciativa parlamentaria na que acusou ao PP de levar o eólico a un “camiño pechado” no seu afán de evitar a participación pública e “buscar os beneficios empresariais dos amigos”.

Losada lembrou a sentenza, que reza que as valoracións das empresas que concorreron “non se axustan a dereito” e ironizou coa defensa feita dende o goberno galego para sinalar que “conviría que ademais de ser transparentes, limpas, e decentes”, as súas actuacións foran ademais “legais”.

Acusounos de primar “cuestións ideolóxicas” para impedir a participación pública e buscar unicamente os beneficios empresariais, como evidenciou que “os beneficios de Iberdrola, Endesa e Gas Natural continúen medrando constantemente en pleno contexto de crise económica”.

A cambio, cercenaron o desenvolvemento do sector das enerxías renovables retirándolles as primas de forma drástica e impedindo a súa implantación, mentres aumentan o custe da factura eléctrica a familias e empresas.

En Galicia, continuou, esforzáronse por liquidar un sector punteiro ao anular o concurso eólico aprobado polo goberno presidido por Touriño para substituílo por un proceso ilegal que pasou de prometer 6.000 millóns de euros de investimento e 14.000 postos de traballo a “cero euros, cero empregos e cero megavatios contratados”.

Abel Losada acusa ao goberno galego de evitar a participación pública e “buscar os beneficios empresariais dos amigos”

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar